Amosando publicacións coa etiqueta ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de maio de 2023

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES




 
 
 
    Comezamos a tarde falando de microrrelatos, porque aí é onde nace a traxectoria da actual “voz poderosa da novela negra” que é Arantza Portabales. A escritora estivo onte na libraría Biblos de Betanzos para presentar O home que matou a Antía Morgade, publicada na editorial Galaxia. 
   “A Arantza novelista ‒compartiu‒ débelle moito á Arantza microrrelatista, porque aprendeu que se pode contar a historia dunha vida en cen palabras”, para engadir que “o microrrelato cultivou a miña voz como narradora”. 
   Quen diso tamén sabe moito é o profesor Francisco Rodríguez Coloma, encargado de encamiñar a conversa coa escritora e partidario manifesto dos xéneros literarios en formas breves (coadministra a bitácora Documenta minima). 
   Ambos abordaron numerosos detalles de O home que matou a Antía Morgade, unha historia que prende, arredor do derrubamento dunhas vidas marcadas polo peso da culpa e o lastre do remordemento.
   Grazas a Arantza soubemos que “as novelas negras non se constrúen, destrúense”, que este xénero veu para quedarse na súa traxectoria como escritora e está a darlle moitas satisfaccións. 
 
Crónica e fotografías: Carmela González

luns, 22 de maio de 2023

HORA DE LER

Que levou á novela negra a unha magnífica autora de microficcións? 

O próximo martes teremos a oportunidade de trasladarlle esta e outras preguntas a Arantza Portabales. 

mércores, 23 de marzo de 2022

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

Onte o Club de Lectura Biblos Aguiar tivo a oportuniade de escoitar a Arantza Portabales. Diseccionou a súa proposta narrativa coa proximidade e amenidade á que xa nos ten afeitos en cada unha das súas visitas.
Tras ter falado dabondo, no seu momento sobre Xiana, e onte sobre Cata e Úrsula, Arantza Portabales agasallóunos co anticipo da súa nova novela: sabemos que Abad e Barroso terán que indagar sobre o que lle aconteceu a unha tal A. que, como tantos estudantes, compartiu piso en Santiago.
 
Próxima reunión:
 
Luns 25 de abril
19 horas
 

sábado, 12 de marzo de 2022

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

 

 


 

O próximo martes 22 de marzo de 2022, ás 19 horas, reunirémonos de novo na Libraría Biblos [Rúa Santiago 4, Betanzos] para falar con Arantza Portabales sobre A vida secreta de Úrsula Bas.

martes, 14 de xaneiro de 2020

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES: BELEZA VERMELLA

 




Estas fotos documentan a segunda visita de Arantza Portabales á Libraría Biblos para un encontro co Club de Lectura Biblos Aguiar. comezamos falando da novela que motivara, xustamente un ano antes, a primeira reunión: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que xa foi traducida a varias linguas (próximamente será publicada en Alemania). Arantza falou da ilusión de ver a adaptación teatral desa obra montada por Tanttaka, que pronto chegará ao Teatro Principal de Santiago.
D
Despois aceptou relatar polo miúdo todas as estratexias da construción da novela. Recoñeceu que é unha escritora que goza co momento da escrita, que un dos xermolos da novela é a sentencia inicial (A beleza é vermella como unha cunca de cereixas), que mesmo alguén podería pensar que a primeira secuencia podería ser considerada como un microrrelato, que a obra de Celeste Garrido é algo máis que un decorado e unha fonda fonte de inspiración... 
Esta conversa, na que rematamos sen desvelar quen foi o asasino, contou cun fermoso agasallo final: a lectura do comezo da seguinte proxecto no que está a traballar: A vida secreta de Úrsula B.,  narración na que o lector poderá reencontrarse con Abad e Barroso.

luns, 13 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

14ª SEMANA [2ª SESIÓN] 

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Beleza vermella, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

martes, 15 de xaneiro de 2019

DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL, Arantza Portabales



O Club de lectura Biblos Aguiar conversou con Arantza Portabales arredor da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, nun encontro que resultou especialemente divertido. 
Falamos das mulleres que protagonizan unha novela que non debería ser etiquetada simplistamente como novela feminista ou novela de muller ou para mulleres
Detrás das mensaxes de Marina, Carmela, Sara e Alicia (trasmutada tráxicamente en Viviana) laten vivencias terribles propiciadas polos comportamentos, moitas veces reprobables, dos homes: o mal marido, o perverso tío, o pai egoísta, o pai pusilánime, o fillo entregrado ás boas causas que lle permiten evitar afrontar a súas responsabilidades...
Novela composta por secuencias marcadas cun final efectista (non é un demérito nunha escritora que coñece o éxito do microrrelato), sorprende pola estrutura que deposita un dos sentidos na progresión das interseccións das tramas que conflúen nunha historia caleidoscópica que mesmo podería ser considerado un pequeno tratado sobre as emocións.







luns, 14 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

14ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

mércores, 19 de decembro de 2018

CUANDO SALE LA RECLUSA, Fred Vargas

FRED VARGAS, Cuando sale la reclusa, Siruela, Madrid, 2018, 408 páxinas.


POSPOSICIÓN DO ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

Luns 14 de xaneiro de 2019

19 horas


ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA SOBRE CUANDO SALE LA RECLUSA

Luns 4 de febreiro de 2019

19 horas

Libraría Biblos




martes, 6 de novembro de 2018

ME LLAMO LUCY BURTON, Elisabeth Strout

ELISABETH STROUT, Me llamo Lucy Burton, Duomo, Barcelona, 2016, 224 páxinas.

**********

O próximo luns 12 de novembro reunirase na Libraría Biblos ás 19 horas o Club de Lectura Biblos Aguiar para falar sobre todas as historias insignificantes que compoñen a vida tan dolorosamente significativa de Lucy Burton.

No mes de decembro, o venres 14, tamén ás 19 horas, celebraremos a oportunidade de falar con Arantza Portabales sobre certas mulleres que teñen o desexo de falar despois do pitido do sinal dun contestador que non atende ás respostas.


ARANTZA PORTABALES, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Galaxia, Vigo, 2018, 324 páxinas.


martes, 13 de xuño de 2017

CACHORROS DE ORNITORRINCO NA FUNDACIÓN CASARES QUIROGA





O 31 de maio na Fundación Casares Quiroga María José Viz Blanco e Jesús Garabato Rodríguez leron a súa comunicación titulada Aproximación a la microliteratura actual. Deste interesante evento queda a constancia do relato de María José e o vídeo aquí reproducido.

No último tramo da ponencia [1:03:01 / 1:10:25], María José Viz, tamén microrrelatista, deixou xenerosamente paso a Cachorros de ornitorrinco. Dámoslle as grazas a ela e tamén a Pedro Sánchez Negreira, sempre tan davidoso, e a Arantza Portabales, que de novo quiso ter presente a magnífica variación ao seu excelente microrrelato Querida Mamá, feita por Irene García Pizarro durante un exame de primeiro de Bacharelato.

***
Resumen fotográfico del encuentro con la microliteratura que hizo que una hora fuera solamente un instante, para mí, para Jesús Garabato Rodríguez y, creo, para el resto de autores y autoras invitados (eso me han dicho, al menos...). Han sido, por orden de intervención: Ton Pedraz, Rosi Sarmiento, Arantza Portabales, Raquel Vázquez y Pedro Sánchez Negreira. Un lujazo este plantel de artistas y, no nos olvidemos del público encantador que nos arropó. Gracias también al Concejal de Cultura, de A Coruña, José Manuel Sande, puesto que si él no creyese, desde el primer momento, en la propuesta que le presenté aquel 27 de marzo, esta agradable reunión no tendría lugar. He dicho.

María José Viz Blanco

mércores, 5 de abril de 2017

SOBREVIVINDO, Arantza Portabales

ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ, Sobrevivindo, Galaxia, Vigo, 2015, 136 páxinas.


[NG POR sob]


Xa temos na sección de novidades esta narración de Arantza Portabales, coa que gañou o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia 2015.

xoves, 8 de outubro de 2015

A CELESTE LA COMPRÉ EN UN RASTRILLO, Arantza Portabales & Irene García Pizarro


ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ, A Celeste la compré en un rastrillo, Zaera Silvar, A Coruña, 2015,160 páxinas.


Cousas que pasan nas aulas do Aguiar... Aos alumnos de Literatura Universal de primeiro de Bacherelato, se lles encomenda nun exame, un exercicio literario: pensar unha variación á historia curta de Arantza Portabales. Hoxe temos a satisfacción de reproducir o magnífico microrrelato Querida Laura e fermosa e tamén conmovedora "Variación Pizarro".
 **********
QUERIDA LAURA

Aquí te dejo diez consejos que espero que te sean muy útiles:

  1. Huye de la teletienda y del queique de “La tía Mildred". Son terriblemente adictivos.
  2. Estudia mucho. Puede que consigas acostarte con algún futbolista, pero créeme, las posibilidades de casarte con uno son casi nulas.
  3. Haz caso a tu tía. Ella cuidará de ti.
  4. La abuela no es una bruja. Si alguna vez lo dije fue por culpa de la medicación.
  5. Desmaquíllate todas las noches. No imaginas a qué velocidad solidifica el rímel.
  6. Probablemente papá pronto tendrá una novia, y es normal. Sé amable con ella.
  7. Lo del Centro Británico no es negociable. Y me da igual que el presidente del gobierno no sepa hablar inglés.
  8. En cuestión de chicos no le preguntes a tu padre. Es un buen tipo, pero en fin..., es tu padre. Remítete al punto tres. Estás en buenas manos.
  9. Mi foto favorita es la de tu tercer cumpleaños. Yo te agarraba por detrás y soplábamos las dos. Dile a papá que la coloque en un marco (diga lo que diga la señora del punto número seis).
  10. Haz una vida sana, cepíllate los dientes y hazte una mamografía al año.

Te quiere. Mamá.



QUERIDA MAMÁ

   Ya han pasado diez años desde que te fuiste.

  1. No soy capaz de sentarme y ver la tele. Te echo de menos riñéndome y advirtiéndome que coma sano.
  2. No puedo estudiar. He fracasado. Habría necesitado que alguien me hubiera ayudado, que alguien me hubiera explicado dónde se colocan los signos de exclamación, que me hubiese enseñado que un seno no es un coseno...
  3. La tía también se ha marchado: ¡sois todas iguales!
  4. Hace dos años que no veo a abuela.
  5. Ya no me maquillo.
  6. La novia de papá (ésta es la quinta) no hace más que culparme de su adicción al alcohol. También me llama gorda.
  7. He de reconocer que aprender inglés es una de las pocas cosas que todavía me motiva.
  8. No hay chicos en mi vida. Sólo papá y su botella de ron.
  9. La foto la rompió su tercera novia.
  10. Este punto lo he seguido a rajatabla. Y a pesar de todo, mañana me extirparán un tumor en la mama derecha. ¡Cómo me gustaría verte inmediatamente después de poner fin a esta maldita enumeración!
Te añora, Laura.

Irene García Pizarro [1º BAC E]