martes, 14 de xaneiro de 2020

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES: BELEZA VERMELLA

 




Estas fotos documentan a segunda visita de Arantza Portabales á Libraría Biblos para un encontro co Club de Lectura Biblos Aguiar. comezamos falando da novela que motivara, xustamente un ano antes, a primeira reunión: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, que xa foi traducida a varias linguas (próximamente será publicada en Alemania). Arantza falou da ilusión de ver a adaptación teatral desa obra montada por Tanttaka, que pronto chegará ao Teatro Principal de Santiago.
D
Despois aceptou relatar polo miúdo todas as estratexias da construción da novela. Recoñeceu que é unha escritora que goza co momento da escrita, que un dos xermolos da novela é a sentencia inicial (A beleza é vermella como unha cunca de cereixas), que mesmo alguén podería pensar que a primeira secuencia podería ser considerada como un microrrelato, que a obra de Celeste Garrido é algo máis que un decorado e unha fonda fonte de inspiración... 
Esta conversa, na que rematamos sen desvelar quen foi o asasino, contou cun fermoso agasallo final: a lectura do comezo da seguinte proxecto no que está a traballar: A vida secreta de Úrsula B.,  narración na que o lector poderá reencontrarse con Abad e Barroso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario