Amosando publicacións coa etiqueta BRUNO MUNARI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BRUNO MUNARI. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de marzo de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

23ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Nesta semana leremos con curiosidade compartida un relato de Bruno Munari e unha antoloxía de relatos, poemas e aforismos de Andrés Neuman, autor que, previsiblemente, visitará o noso IES o luns 1 de abril.

Ilustración: Angelica Kauffmann

venres, 28 de marzo de 2014

CARRAPUCHIÑA VERMELLA, VERDE, AMARELA, AZUL E BRANCA, Bruno Munari & Enrica Agostinelli




BRUNO MUNARI & ENRICA AGOSTINELLI, Carrapuchiña vermella, verde, amarela, azul e branca, Anaya, Madrid, 1998, 136 páxinas.

[NUG MUN car]

Versións ou máis ben (per)versións sobre o coñecido conto (que recuperou o folklorista Charles Perrault) das mans Enrica Agostinelli e de Bruno Munari, o multiartista italiano que se iniciou no futurismo.

luns, 24 de marzo de 2014

HORA DE LER


21ª SEMANA [5ª SESIÓN]

   Nesta semana de avaliacións, algúns xa non saben que facer para estar cómodos...

   Nós insistimos en atopar a postura idónea, como fai o lector da ilustración de Bruno Munari, autor tamén (xunto con Enrica Agostinelli) dunha das suxestións de lectura desta semana: Carrapuchiña Branca.
 
   A outra proposta, menos lúdica, é a lectura dun relato do magnífico libro de contos publicado por Errata Naturae, Huellas, de Ida Fink, unha muller que aos vinte años foi internada no campo de concentración da súa cidade natal, Zbaraz.