HORA DE LER
27ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Estamos moi satisfeitos de ter chegado ata aquí: mulleres do Aguiar escribindo sobre mulleres científicas.
As propostas de lectura desta semana son froitos de colleita propia: os relatos de Julia Nieto Mantiñán (sobre Ada Lovelace —filla do poeta Lord Byron e a matemática Anne Isabella Noel Byron—), Irene Docampo (sobre Karen Horney), Ana Vázquez (sobre Henrietta Leavitt), Berta Manteiga (sobre Hedy Lamarr), ou Andrea Solís (sobre Valentina Tereshkova), constitúen unha parte da contribución dos alumnos de Literatura Universal á VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.
Ilustrador: Scott Brundage
Ningún comentario:
Publicar un comentario