Muller e ciencia son dous termos que rara vez aparecen xuntos. Ao longo da historia, as mulleres científicas foron invisibles e condenadas ao olvido. O seu traballo foi desprezado e posto en dúbida polos prexuízos da sociedade e, na maioría dos casos, o mérito do seu traballo recaeu en homes cos que traballaron e que non recoñeceron os méritos destas mulleres. So temos que ver a historia dos premios Nobel nas categorías de ciencias para decatarnos da inxustiza cometida coas mulleres de ciencia.
As precursoras
Talvez a científica máis antiga da que se ten noticia é Tapputi-Belatekallim, que fabricaba perfumes alá polo 1200 a.c. Mesturaba flores e aceites con bálsamos e outras substancias, empregando procesos de destilación e filtración. Pódese considerar a primeira química da historia.
Maria Sybilla (1647-1717). Naturalista e entomóloga. En 1699, conseguiu o permiso para viaxar a Surinam coa fin de
documentar exhaustivamente a vida vexetal e, sobre todo, a dos artrópodos,
converténdose na primeira aventureira en cruzar o océano.
Caroline Herschel (1750-1848). Astrónoma
alemá que descubriu oito cometas e foi coinventora do telescopio Herschel.
Émilie du Châtelet (1706-1949). Coñecida
por ser a tradutora de I. Newton, foi a figura feminina
máis importante da física durante a época da Ilustración na Francia de
principios do século XVIII. Matemática, física e filósofa, Émilie é recoñecida
por ser a tradutora ao francés dos Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica de Newton, unha das obras máis importantes da historia da ciencia. Galardoadas co Nobel
A invisibilidade da muller nos premios Nobel é evidente. Ata o momento só un 5,61% dos científicos recoñecidos con Nobel de Medicina eran mulleres. Peor porcentaxe ten o Nobel de Química. Tan só catro mulleres viron recoñecidos os seus estudos (Marie Curie, Irène Joliot-Curie, Dorothy Crowfoot Hodgkin e Ada Yonath), que representan un 2,26% do total. E aínda peor na disciplina de Física: tan só dúas científicas recibiron o galardón. Foron Marie Curie e Maria Goeppert-Mayer, que supoñen un 0,95% do cómputo global de científicos premiados nesta disciplina.
Podemos destacar as seguintes:
|
Marie Curie. Coñecida a nivel mundial polos seus traballos sobre a radioactividade, Marie Curie foi a primeira persoa en gañar o premio Nobel en dúas disciplinas diferentes. No ano 1898 ela e seu marido Pierre anunciaron o descubrimento de dous novos elementos: o polonio (Po) e o radio (Ra). En 1903 recibiu o Premio Nobel de Física xunto ao seu marido e Henri Becquerel, descubridor da radiactividade. Oito anos máis tarde, en 1911, concedéuselle o premio Nobel de Química, esta vez en solitario.
|
A sua filla, Irene Joliot-Curie, recibiu o Nobel de Química en 1935 xunto ao seu marido polos estudos na obtención de novos elementos radiactivos. Tiveron gran importancia no coñecemento das reaccións nucleares en cadea que permitiron o aproveitamento enerxético da fisión nuclear.
Dorothy Crowfoot-Hodgkin traballou no campo da cristalografía logrando determinar a estrutura de moitas moléculas importantes como a insulina, a vitamina B 12, a penicilina e o colesterol. En 1964 recibiu o premio Nobel de Química pola "aplicación da difracción de Raios X á determinación estrutural de moléculas complexas".
Ada E. Yonath foi a primeira científica israelí en recibir o premio Nobel. Concedéullese en 2009 xunto aos seus compañeiros, Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz, polo uso de técnicas innovadoras no estudo da estrutura e funcionamento dos ribosomas.
Dorothy Crowfoot-Hodgkin traballou no campo da cristalografía logrando determinar a estrutura de moitas moléculas importantes como a insulina, a vitamina B 12, a penicilina e o colesterol. En 1964 recibiu o premio Nobel de Química pola "aplicación da difracción de Raios X á determinación estrutural de moléculas complexas".
Ada E. Yonath foi a primeira científica israelí en recibir o premio Nobel. Concedéullese en 2009 xunto aos seus compañeiros, Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz, polo uso de técnicas innovadoras no estudo da estrutura e funcionamento dos ribosomas.
Na disciplina de Física, ademais de M. Curie, só outra muller recibiu o Nobel: Maria Goeppert Mayer en 1963. A partir da análise das distintas cantidades de elementos presentes no Universo e a relación entre esas cantidades, descubriu que a estrutura do núcleo atómico está formada por capas. A súa idea, que permite explicar por que algúns núcleos son máis estables que outros, segue sendo clave na actual física cuántica e na teoría atómica
Rita Levi-Montalcini. Neurobióloga. En 1986 compartiu o Nobel de Fisioloxía e Medicina con S. Cohen (un antigo colaborador), polo descubrimento da substancia que provoca o crecemento das neuronas.
As olvidadas
Rosalind Franklin. Empregando a técnica de difracción de raios X obtivo a imaxe clave para descifrar a estrutura do ADN. Partindo dela, os seus colegas, Watson e Crick, moi hábiles, publicaron un estudo en 1953 no que Rosalind non era mencionada. En 1962 os dous recibiron o Nobel de Fisioloxía o Medicina polos seus descubrimentos. Un cancro rematara coa vida de Rosalind catro años antes, con apenas 38 años. De ter estado viva, ¿Rosalind tivese figurado como coautora do gran descubrimento?
|
Lise Meitner. Nada en Viena, tivo problemas pola súa ascendencia xudía e logrou escapar do Reich. Traballaba xunto a Otto Hahn, co que realizou algúns descubrimentos importantes como o obtención do novo elemento protoactinio (Pa). Tras fuxir a Suecia, seguiu traballando e comunicándose co seu colega. Foi ela quen realmente descubriu as bases da reacción de fisión nuclear, que comunicou a Otto Hahn. Este publicou o artigo sen mencionala o que, finalmente, provocou que o Nobel se lle concedese só a Hahn en 1944. A súa dobre condición de muller e xudía xogou na súa contra. |
Jocelyn Bell Burnell. O seu proxecto de doutorado consistía en construír un radiotelescopio para estudar os recentemente descubertos cuásares,
baixo a supervisión de Antony Hewish. Jocelyn construíu manualmente ese
radiotelescopio e dotouno dunha resolución asombrosa. O 28 de novembro
de 1968 mediu por primeira vez unha radiación moi leve dunha
periodicidade incriblemente precisa. Nun principio considerouse que
podería ser un sinal enviado por vida intelixente doutro planeta. Non obstante ela mesma descartou esa idea medindo esa radiación dende un
ángulo distinto do mapa estelar. Esa radiación é o que hoxe se coñece como púlsar. En 1974, Antony Hewish foi galardoado co premio
Nobel de Física, xunto con Martin Ryle. Jocellyn Bell non foi
distinguida xunto con eles. Cometeuse unha gran inxustiza por ser muller e
estudante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario