Durante
máis de trinta anos, Nieves Calviño Santiso acudiu á oficina do Aguiar
co sorriso de quen chega cedo ao comezo dunha festa. Atendeu con boa
disposición, amabilidade, cordialidade e vocación de servicio ás
familias e alumnado. Nalgunhas ocasións, lidiou cos profesores con
elegancia, poderío e, en todas as circunstancias, renunciando, con moita
discreción, ao emprego do estoque.
Hoxe
venres 30 de xullo veu traballar por última vez e, sendo un día non
lectivo, non puido recibir as merecidas mostras de afecto de todos os
compañeiros, dado que para moitos será unha sorpresa coñecer esta
noticia.
Poderíamos decirlle como Leonard Cohen: Hey, That's No Way to Say Goodbye, pero Nieves non marchará nunca do noso IES.
Deixa latexando nos nosos corazóns o pouso da súa alegría de vivir e a súa bonhomía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario