martes, 26 de maio de 2015

REUNIÓN CAMPESTRE DOS CLUBES DE LECTURA 2015

   26 de Maio 2015. Os Caneiros.
   Bucólica estampa. Ao fondo, unha pequena manchiña entre os plátanos de sombra. Un corro de rapaces e rapazas falando de lecturas.
   Así, deste xeito tan fermoso, poñemos fin a esta aventura. Esta foi a última xuntanza dos alumnos de ESO que durante o curso estiveron formando parte dos Clubes de Lectura ...máis de cen ás para voar: unha xira cultural que nos levou camiñando a este fermoso lugar para comer, que convertiu a sobremesa nunha conversación estimulante e nos devolveu ao Instituto entre suores, alerxias e risas.

   O Equipo da Biblioteca agradece a participación do alumnado. O voso entusiasmo e o noso alimento!
   Imprescindible na travesía anual a implicación dos profesores: Carmen, Elvira, Franciso, Julián, Lucía, María José e Nieves; para a xira de hoxe foi de moita axuda a guía de Pepe Valverde.
  
   Parabéns a todos... e ata o curso que ven!









Ningún comentario:

Publicar un comentario