martes, 2 de febreiro de 2016

ENCONTRO CON MIGUEL GALLARDO [01]

MARÍA GALLARDO & MIGUEL GALLARDO, María e mais eu, El Patito Editorial, Santiago, 2013, 62 páxinas.
[AI GAL mar]

Recordábamos fai ben pouco a afortunada visita que fixeran ao noso centro David Rubín e Paco Roca. 
Hoxe podemos xa anunciar o encontro que os alumnos de primeiro da ESO van ter con Miguel Gallardo. Moitos teredes presente xa ao pai underground de Makoki ou ao sutil escritor e debuxante de Un largo silencio.


Os alumnos de primeiro pensarán principalmente no pai de María. Eles veñen de ler, con delectación e sorpresa, María e eu. Tamén empregaron oitenta minutos en contemplar María y yo, el documental dirigido por Félix Fernández de Castro. Algúns dos rapaces dos catro grupos tiveron a oportunidade de ler María cumple 20 años, pois tamén ocupa espacio nos estantes da nosa Comicteca.
Por todo iso, podemos esperar que este próximo mércores 3 de febreiro na sala Xulio Cuns que cede, xentilmente, o Concello de Betanzos, María Gallardo desenfoque a figura do seu pai.

Mércores 3 de Febreiro
Sala Xulio Cuns
12:45
Encontro con Miguel Gallardo



Ningún comentario:

Publicar un comentario