martes, 23 de febreiro de 2016

CLUB DE ADULTOS: ENTRE CULEBRAS, CON CELSO CASTRO


Esta é a foto do momento final do encontro con Celso Castro, no que abordamos toda a súa novelística (el afinador de habitaciones, astillas, o seu primeiro relato publicado, la cuervo), pero en particular de entre culebras y extraños.
Así foi como falamos dos gustos poéticos do autor, da súa querencia polo aforismo; así reparamos no vínculo con E. E. Cummings ou  Valter Hugo Mãe; tamén explicou por que aceptou de moi bo grado a elección do cadro de Timmy Lu Cong, e procurou reclamar para o protagonista da súa novela unha moi difícil amnistía.
Nós agradecimos a súa presencia e a grata conversa e mesmo démoslle (como interpretación da súa novela) este lixeiro agasallo.









Ningún comentario:

Publicar un comentario