xoves, 28 de novembro de 2013

PALABRAS ENVELENADAS, Maite Carranza


MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira, 2010, 264 páxinas.

[NG CAR pal]
**********

   Nuria Solís é unha personaxe de Palabras envelenadas, concretamente a nai da protagonista, Bárbara Molina. É unha muller vexetal, desequilibrada, anulada, unha vítima máis do maltrato de xénero; unha persoa que, en contra do ciclo da vida, tivo que perder (aínda que non para sempre) a unha filla.
   A nai de Bárbara é unha persoa transformada; grazas á súa irmá podemos saber que na súa xuventude ela era aventureira e loitadora, activa e moi botada para adiante. Este cambio ten a  orixe  en Pepe, o seu home.
   Nuria é maltratada psicolóxicamente por parte do seu marido. Apreciámolo cando teñen que declarar ante a policía pola desaparición da filla e el non para de berrarlle, ou na casa cando a trata esperando dela a submisión. El consegue facerlle ver que necesita axuda, ela non existe a forza de pastillas e así anúlaa coma persoa autónoma, independente e con capacidade de decisión. Nela refléxanse as características da maioría das mulleres maltratadas: os sentimentos de culpa, o agradecemento, a dependencia cara ás súas parellas, a incapacidade de ver a realidade, de poñer un fin. [...]
   A pesar do seu reencontro coa filla, eu creo que é unha muller chea de carencias, con moitas feridas que curar, que arrastrará toda a súa vida e das que padecerá durante moitos anos as consecuencias. [...]


Lola Mosquera [1º BAC C]

1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ vận chuyển hàng đi mỹ cũng như dịch vụ ship hàng mỹ từ dịch vụ nhận mua hộ hàng mỹ từ trang ebay vn cùng với dịch vụ mua hàng amazon về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar