mércores, 25 de xuño de 2014

NUBES DE EVOLUCIÓN, Andrea Maceiras




ANDREA MACEIRAS, Nubes de evolución, Xerais, Vigo, 2013, 192 páxinas.

 [NG MAC nub]

Estes son os personaxes de Nubes de evolución, tal e como os ve Sarela, alumna de 1º de Bacharelato que participou activamente no Clube de Lectura.

Os tres protagonistas do libro son Amanda, unha nai case adolescente, illada do mundo, presa entre dous traballos  e a crianza da súa filla, Ánxela; Uxío, un adolescente perdido entre as batallas dos seus pais, unha traxectoria académica fracasada e unha perniciosa relación amorosa; Luís, un profesor de instituto, cheo de fastío e cansazo, que vive na autocompaixón despois da morte da súa muller, Ánxela.



Ningún comentario:

Publicar un comentario