xoves, 16 de xaneiro de 2014

AS VOCES CONSAGRADAS, Manuel Álvarez Torneiro

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, As voces consagradas, Diputación A Coruña, A Coruña, 1992, 96 páxinas.

[ PG ALV voc ]


FÁBULA

Hai unha fraga que fai a vida nobre, un intre
de luz e transparencia: aquel momento que non
se repetirá polos días dos días. Sabédeo: forma
parte da fábula e está a salvo da épica, da neve
e de outros fervores ou castigos. E moi antiga:
como o país dos deuses e só entrevista pola inocencia.
Non direi o seu nome: o mellor ánimo das palabras
teme recreala por se ocorre a derriba do cristal
máis puro... 

Porque quizais o bosque nunca foi outra cousa
que ese fascinado territorio do soño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario