XOSÉ MIRANDA & ANTONIO REIGOSA, Cando os animais falaban, Xerais, Vigo, 2002, 120 páxinas.
[NG MIR ani]
Todas estas Cen historias daquel tempo están ilustradas por Andrés Meixide.
***
¿COMO NACEN AS MOSCAS?
As moscas son as palabras que pronuncia o demo. Cada letra convértese nunha mosca negra, negra, que vai voando e revoando ata os montes onde se xuntan as bruxas nos aquelarres. No Xistral, por exemplo, reúnense as bruxas de Mondoñedo, do Valadouro e mais de Muras e reparten as moscas e as pulgas do seguinte ano:
—¡Ala, estas para Zoñán, estas para Cesuras, pra cas Artiaga, estas para Os Muíños, estas, para Viloalle, etc.!
As moscas son obedientes e van. Pero non poden entrar nas casas. Para que entren, ábrelles a porta, ou a ventá, San Fernando, que é compasivo. Menos mal que as torna San Cipriano. Por eso se di:
Trae as moscas San Fernando e lévaas San Cipriano.
Claro que hai que ter en conta que San Fernando se celebra en maio e San Cipriano en setembro. E con todo, hai quen di que as moscas son os excrementos do demo, e non as súas palabras. Por eso a Belcebú lle chaman O Señor das Moscas.
Contra as moscas hai outro remedio. Dicídelles esto, e a ver que pasa:
Vaite, mosca condenada,
que te mandaron as meigas,
nós temos a San Xosé
para que el nos libre delas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario