xoves, 12 de febreiro de 2015

DÍA DOS NAMORADOS [PREANTROIDADOS]


DÍA DOS NAMORADOS [PREANTROIDADOS]

É ben doado contar cal é a proposta: subvertir a dinámica da cotidianeidade. Para iso, ao Equipo da Biblioteca, bástalle atopar calquer motivo. Neste caso, a pretensión era loitar contra a comercialización dos afectos.
Todo o que quiso tiña a súa disposición un taboloreino no que deixar a súa vermella pegada. Textos propios ou ben fragmentos de poemas ou cancións apoderáronse dos corredores no IES dende o luns.

Na Biblioteca quedaron dispostos uns buzóns nos que cada quen puido deixar as súas cartas para outros compañeiros. As viaxes á Biblioteca foron constantes e multitudunarias.
O xoves, nos recreos, tocaba ir mirar si alguén deixara algunha mostra de amor (ou de humor). O caos, as veces, pode ser fermoso e gratificante.






Ou non...?


Para compensar a crise de hiperglucemia, hai deixamos un dos poemas que alguén fotografou para vos sabedes que, e o vídeo que pon e imaxes e música esta feliz iniciativa.
****


EPITAFIO DEL ENAMORADO

Si alguien quiere escribir mi biografía
no hay nada más sencillo.
Dispone de dos fechas solamente:
la del día en que te conocí
y la del día que te fuiste.
Entre una y otra transcurrió mi vida.
Lo que ocurriera antes, lo olvidé.
Lo que suceda ya, carece de importancia.

Juan Bonilla


Ningún comentario:

Publicar un comentario