luns, 10 de novembro de 2014

HORA DE LER


6ª SEMANA [6ª SESIÓN] 

   Nestas cinco primeiras semanas as nosas propostas de lectura viñan firmadas por grandes autores ben coñecidos: Xosé MIranda, Rafael Dieste, Sandra Cisneros, Méndez Ferrín, Jonas Jonasson, Etgar Keret, Fran Alonso...
   Hoxe temos a fonda satisfacción de suxerir a lectura das creacións de rapazas e rapaces cos que podemos tropezar polos corredores do noso IES: os alumnos de 2º da ESO Alberto Gómez Perales, Julia Nieto Mantiñán e Violeta Sánchez Silva que veñen de gañar os primerios premios do Concurso Literario Palacete cuns relatos dunha sorprendente calidade que fai supoñer que poden pronto pasar de autores coñecidos a grandes autores.
      

Ningún comentario:

Publicar un comentario