Unha tarde de moito proveito para todos os asistentes ao encontro con Marcos Calveiro.
Falamos sobre Sorolla, Lorca, El Cable Inglés, os primeiros partidos de football (xogados en Vilagarcía), as historias que non atoparon lugar en O xardineiro dos ingleses, o Macguffin... Tamén sobre a necesidade de ampliar o canon (que prescribe a literatura lida nos centro de ensino de Galicia) para incluir as súas recomendacións: Solimán ou O elefante branco, novelas escritas por Xesús Fraga.
Da man de Marcos Calveiro paseamos pola Vilagarcía cosmopolita do primeiro tercio do Século XX. Soubemos do esforzo na documentación para esta novela tan persoal: hai nela moito traballo ficcional, pero, como el mesmo anotou, Modesto Filgueiras, o escritor que escarba, como un arqueólogo que coida con mimo a terra dunha das moitas fosas comúns, é un trasunto de Marcos Calveiro, indagando, como poderíamos facer tamén nos, os lectores dunha idade aproximada á súa, sobre o pasado dos nosos maiores, atrapados na tolemia dunha Guerra Civil funesta.
Moitas grazas pola túa xenerosidade, Marcos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario