Na reunión do club de lectura celebrada o pasado xoves 4 de marzo tratamos o tema máis falado da semana entre os cinéfilos: os Oscar. Os premios con máis sona da historia do cine tiveron, este ano, bastantes críticas por parte dos seus seguidores, e mesmo dos actores. Aínda que a gran protesta da gala deste ano foi a falta de representación de persoas negras nas nominacións, nós tratamos un tema radicalmente distinto: a música.
A artista Antony, abertamente transexual, estaba nominada a mellor canción pola súa obra "Manta Ray" (que escoitamos na clase), mais non foi invitada a actuar na gala. Pola contra, si foron acollidos de bo agrado Sam Smith e Lady Gaga, tamén nominados, e incluso Dave Grohl, sen ningunha nominación.
Por feitos coma este se pode imaxinar o filtro que a Academia utiliza para elixir quen si é válido e quen non o é. Xa sexa porque non é coñecida no mundo da música, por ser transexual o pola mensaxe que transmite a súa canción, a Antony non se lle foron concedidos os mesmos dereitos que ao resto de artistas.
Unha vez rematado o debate sobre os Oscar, tivemos a ben ler un poema titulado Ahora tenemos muertos, de Karmele Jaio. Aínda co pouco tempo do que dispoñiamos, fumos capaces de desenrolar verso a verso o seu contido para atoparnos finalmente cunha dura verdade: medrar vén con moita equipaxe, e non é sinxelo cargar con ela.
Mar Nieves Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario