luns, 21 de decembro de 2020

CLUB DE CIENCIA AGUIAR. NOVEMBRO 2020. "UN MUNDO INVISIBLE"

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: Celtia González, Laura Álvarez e Chus Santamariña.

Cultivos realizados con mans limpas e sucias. Cada placa Petri  divida en tres segmentos, un para cultivo de mans limpas (L), outro de mans sucias (S) e outro como control (C).

Desnaturalización de proteínas de clara de ovo con xel hidroalcólico do 70% e do 35%, para entender como interacciona o xel coas proteínas de membrana do coronavirus.






 
 

HORA DE LER

 


 

11ª Semana 

[5ª Sesión]

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos navideños e o conto de Reis, de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2020. 
 
Aínda que os momentos que nos está a tocar vivir, estean marcados pola anamalía, abramos unha paréntese neste tempo de nadal: se cadra, ademáis do descanso e da reparación, mesmo, pechando os ollos,  saibamos recuperar a tenrura da infancia!
 **********
SUPUESTO  
   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

venres, 18 de decembro de 2020

CALENDARIO SOLIDARIO AGUIAR 2021

CALENDARIO AGUIAR 2021


   Así posan os artistas: Judith Sánchez García, Alfredo Faraldo Núñez, David Baladrón Arévalo, Noelia Yáñez Gómez, Inés Pena Medín, Yago Cortés, Mellado, [primeira fila]; Aroa Blanco Suárez, Lía Maceiras Sánchez, Alex Birsan, Nébeda Barreiro Vázquez, Adrián Roca Medal, Celia Sánchez Fernández, Erika Sofía Luces Bordón [segunda fila]. 
 

   Os seus traballos ilustrarán o Calendario Aguiar 2021. 
   Por segundo ano, impulsado polo Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, e co imprescindible axuda de ACEBE e outras entidades, próximamente sairá á venda o Calendario Aguiar 2021 ao simbólico prezo de 5 euros. 
   Poderá ser mercado nos comercios de ACEBE e na secretaría do IES. 
  Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain
   Corresponde agradecer ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, en particular aos de Educación Plástica e Visual (Álvaro Rivas Ares, Susana Pérez Creo e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, (outra vez!), a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo que supera anteriores records—. A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento. A todos os participantes, grazas pola vosa creatividade. 
 
 
SEN DISTANCIAS 
 
   Non antes de que as xeadas de febreiro se farten de tinxir os campos. Nin antes de que enchoupen os prados as chuvascadas de abril. 
   Cando os ventos de maio agromen as flores das árbores ou cando a lúa chea alumee a noite de San Xoán. Se cadra, cando as estrelas ascendan o globo axudadas pola lúa nova de agosto. Ou cando as follas dos castiñeiros e dos carballos oculten os vieiros do outono. 
   Entón pasearemos polas rúas abrazados ou collidos das mans, cun sorriso nos labios, porque xa non nos separará ningunha distancia. 
 
   Ese día chegará…


 

martes, 15 de decembro de 2020

LECCIÓN DE ANATOMÍA

 

 O alumnado de Anatomía  de 1º de Bach atreveuse coa disección dunha pata de polo nas súas casas, levando así á práctica a teoría vista na aula.

Aquí tedes o vídeo feito por Lourdes Nieto Mantiñán, no que se identifican perfectamente os diferentes tecidos que compoñen a patiña do polo.

Noraboa polo traballo feito a toda a clase! 

domingo, 13 de decembro de 2020

HORA DE LER

10ª Semana 

[4ª Sesión]

Cantas veces ler permite habitar outro espazo, tanto ou máis real que o das nosas vidas. 

Pode ser que algún lector se adentre, grazas a estes relatos, nos mundos debuxados por Ray Bradbury e Manuel Rivas.

mércores, 9 de decembro de 2020

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS BIBLOS AGUIAR


    No curso 2013/2014 o noso IES comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Desde ese día celebramos durante o curso unha reunión mensual na Libraría Biblos arredor dun libro. 
   Tivemos a sorte, moitas veces, de contar coa visita cos autores das novelas elexidas: Cristiana Sánchez-Andrade (Las inviernas), Anxos Sumai (Así nacen as baleas), Celso Castro (entre culebras y extraños), Raquel Vázquez (La ocarina del tiempo), Antonio Altarriba e Kim (El arte de volar), Antón Riveiro Coello (A ferida do vento), Inma López Silva (Aqueles días en que eramos malas), Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces), Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses), Miguelanxo Prado (Presas fáciles), Arantxa Portabales (Deixe a súa mensaje despois do sinal), Antón Lopo (Extraordinario), Andrés Neuman (Hacerse el muerto), Raquel Vázquez (Paralelo 36), José Ovejero (Insurrección) e Arantxa Portabales (Beleza vermella).
   O pasado 12 de marzo, mediante un correo, notificamos a anulación do encontro con Javier Peña para falar de Infelices
   Agora reábrese a posibilidade de reactivar o Club de Lectura, aínda que adaptándonos á situación Covid e asumindo o protocolo sanitario. 
   As reunións pasarán a ter unha localizacion menos gratificante que a Libraría Biblos: serán, ben na Biblioteca, ben no Salón de Actos do IES nun horario semellante. 
   O límite do aforo condicionará que escollamos un ou outro espazo. En calquera destas dúas estancias, cada lector estará a un metro e medio dos compañeiros, polo que será bastante máis difícil copiar e, para moitos, a experiencia servirá como una rememoración (arrepiante?) dos tempos escolares. 
   As persoas interesadas en sumarse ao Club deben enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com co asunto Alta Club de Lectura indicando no corpo do correo o interese en participar. 
   
   A próxima data da reunión será o próximo luns 18 de xaneiro ás 19 horas na Biblioteca do IES. 
   
   Ese mesmo día os lectores poderán mercar, na embaixada da Libraría Biblos no nosos IES os próximos libros a ler: de Laura Suárez, a novela gráfica Os contos da néboa, e de Xesús Fraga o relato Virtudes (e misterios)
 
Equipo da Biblioteca 
 

 

martes, 8 de decembro de 2020

HORA DE LER


 9ª Semana 

[3ª Sesión]

morriña: substantivo feminino Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra. 

Sentía moita morriña no estranxeiro. Nos días de chuvia éntrame a morriña

Nos días de chuvia éntranos a morriña de emular ao neniño que debuxa Jimmy Liao tumbado entre follas de pradairo, carballo e castiñeiro. 

Aínda tan lonxe desa luminosidade e desas cores, chéganos o pulo para comezar a ler a Berta Dávila e Dylan Thomas.

mércores, 2 de decembro de 2020

CALENDARIO AGUIAR 2021

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso artístico-literario.


Todos os alumnos que desexen participar farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano.

A ilustración levará un pé de imaxe cun pequeno texto en galego referido ao mes elexido.

A disposición da páxina será horizontal.


Os traballos orixinais serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría antes do mércores 16 de decembro.


Os doce mellores traballos elexidos servirán para compoñer un Calendario Aguiar para o próximo ano 2021.