Amosando publicacións coa etiqueta MERGULLANDO NOS FONDOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MERGULLANDO NOS FONDOS. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2016

JUUL, Gregie de Maeyer & Koen Vanmechelen

GREGIE DE MAEYER & KOEN VANMECHELEN, Juul, Lóguez, Salamanca, 2009 (1996), 32 páginas.

[AI MAE juu]
Yo tenía rizos...
Rizos rojos.
Hilo de cobre.
Eso gritaban los otros:
"¡Hilo de cobre!
¡Tienes mierda en el pelo!
¡Caca roja!
Por eso cogí las tijeras.
Rizo a rizo a rizo, me los corté...


mércores, 15 de xuño de 2016

MONSTRUO DE OJOS VERDES, Joyce Carol Oates

JOYCE CAROL OATES, Monstruo de ojos verdes, SM, Madrid, 2005, 234 páxinas.


[NUC OAT mon]

O nome de Joyce Carol Oates sempre anda sonando como futurible Premio Nobel de Literatura. Este, certamente, é unha novela menor, pero non por iso deixa de ser unha lectura moi recomendable por é unha narración moi realista que reflicte moi ben os padecimentos dunha familia que sufre a violencia de xénero. Un libro, pois, que pode axudar a concienciar á xuventude para non aceptar como normal calquera tipo de machismo.

venres, 10 de xuño de 2016

LA ZAPATERA PRODIGIOSA, Federico García Lorca


FEDERICO GARCÍA LORCA, La zapatera prodigiosa, Castalia, Madrid, 2012, 104 páginas.

[TC GAR zap]

Esta edición escolar conta coas atractivas ilustracións de Cristina Blanch. 




mércores, 8 de xuño de 2016

EXERCICIOS DE ESTILO, Raymond Queneau


RAYMOND QUENEAU, Exercicios de estilo, Xerais, Vigo, 1995, 168 páxinas.


[NUG QUE exe]

Non sempre traducir e tracionar. Neste caso convén admirar o admirable traballo de Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazosque ben se pode observar ao comparar o texto en galego co orixinal en francés.


58
AUDITIVO

   Urrando e petardeando, o S veu renxer ao longo da bei­rarrúa silenciosa. O trombón do sol bemolizaba o mediodía. Os pedestres, rinchantes gaitas, proclamaban os seus núme­ros. Algúns subiron un semitono, o que foi abondo para os levar cara á Porta de Champerret, de cantareiras arcadas. Entre os escollidos refolgantes, figuraba un tubo de clarinete a quen as desgracias dos tempos Ile deran forma humana, e a perversidade dun sombreireiro, para levar enriba do timbal, un instrumento que asemellaba unha guitarra que trenzase as súas cordas para se facer con elas un cinto. De súpeto, no medio de acordes en menor de viaxeiros acometedores e de viaxatrices consentidoras, e dos trémolos baladores do rapiñento cobrador, estoupa unha cacofonía burlesca na que a rabia do contrabaixo se mestura coa irritación da trompeta e o canguelo do fagot.
   Logo, despois de suspiro, silencio, pausa e dobre pausa, estoupa a melodía triunfante dun botón que está a pasar á octava superior.

venres, 15 de xaneiro de 2016

DUERMES Y ME OLVIDAS. VIAJE AL IONTERIOR DE LA ILÍADA, Carlos Garrido

CARLOS GARRIDO, Duermes y me olvidas. Viaje al interior de La Ilíada, Ares y Mares, Barcelona, 2005, 400 páxinas. Ilustracións de Dionisio Álvarez.

[NC GAR due]

Garrido propón un achegamento contemporáneo a un dos textos fundacionais da literatura clásica: La Ilíada.

martes, 24 de novembro de 2015

MONSTRUO DE OJOS VERDES, Joyce Carol Oates

JOYCE CAROL OATES, Monstruo de ojos verdes, SM, Madrid, 2005, 234 páxinas.


[NUC OAT mon]

O nome de Joyce Carol Oates sempre anda sonando como futurible Premio Nobel de Literatura. Este, certamente, é unha novela menor, pero non por iso deixa de ser unha lectura moi recomendable por é unha narración moi realista que reflicte moi ben os padecimentos dunha familia que sufre a violencia de xénero. Un libro, pois, que pode axudar a concienciar á xuventude para non aceptar como normal calquera tipo de machismo.

mércores, 18 de novembro de 2015

VIAXE POR GALICIA, George Borrow

GEORGE BORROW, Viaxe por Galicia, Xerais, Vigo, 1993, 164 páxinas.



   Chegamos a Betanzos ben entrada a tarde. Esta cidade érguese nunha ría a certa distancia do mar e a unhas tres leguas da Coruña. Rodéana por tres lados elevados montes. O tempo, ó longo da maior parte do día, foi grisento e ameazador, e a atmosfera de Betanzos achámola insoportablemente abafante e pesada. Cheiros acedas e noxentos agredían os nosos órganos olfativos dende todas partes. As rúas estaban suxas, así como as casas e, especialmente, a posada. Entramos na corte; estaba estrada de algas podres e outras basuras nas que os porcos andaban a se emborcallar. Moscas enormes e repugnantes zumbaban arredor. —¡Que casa de apestados! —exclamei. Pero non atopamos corte ningunha e, polo tanto, vímonos obrigados a ata-los infelices animáis as suxas cambeleiras. A única forraxe que puidemos obter foi millo. Contra a caída da noite levámolos a beber a un pequeño río que pasa por Betanzos.




xoves, 12 de novembro de 2015

A PRIMEIRA VISIÓN, María Lado

MARÍA LADO, A primeira visión, Letras de cal, Compostela, 1997, 32 páxinas.


[PG LAD pri]



...do que gustamos e do que non...


A música derramada pola autopista azul
primeira visión do home-daimon
deslizarme dentro da inconsciencia do cristal
saberme dóce no fotograma coa morte...

Se a mente esperta e acaba o rumor do subconsciente
abre un furado na resurrección
e enterra en sal os meus libros.

Ilustración: María Xosé de la Torre

mércores, 11 de novembro de 2015

BREVE HISTORIA DE LOS LIBROS PROHIBIDOS, Werner Fuld

WERNER FULD, Breve historia de los libros prohibidos, RBA, Barcelona, 2013, 400 páxinas.

[09 FUL bre]

ORDEN, AMOR Y REMORDIMIENTO

Cementerio de Highgate, Londres,  1869. Alumbrándose con la débil luz de un candil, el pintor Dante Gabriel Rossetti abre furtivamente la tumba de su esposa Elizabeth, fallecida siete años atrás. No es un amor enfermizo lo que lo impulsa a verla otra vez, y no queremos saber lo que quedaba de ella. Lo que Rossetti buscaba desesperadamente, acuciado por los remordimientos y el temor a ser descubierto en tan delicada situación, era un pequeño cofre. Audrey Niffenegger cuenta el episodio en su novela Una inquietante simetría, y, aunque parece inventado, es real y constituye un capítulo singular de la historia de la literatura inglesa.
   Elizabeth Siddal fue el gran amor de su vida: una pobre costurera que posaba como modelo para jóvenes pintores hasta que Rossetti la conoció en casa de un colega y la convirtió en su amante. En varios cuadros famosos de los prerrafaelitas, en los que se plasmó el ideal estético de toda una época, encontramos su belleza etérea, roída por la tuberculosis, su mirada apática y sin futuro. Tras diez años de relación, Rossetti finalmente se casó con aquella mujer marcada por la muerte, que fallecería después de dar a luz a una hija muerta. El desconsolado poeta metió en un cofrecillo el único manuscrito que contenía todos sus poemas y lo enterró con su amada, envuelto en sus largos cabellos. Hurtaba sus versos a sí mismo, a sus amigos y a la posteridad, para entregárselos como un don exclusivo y eterno a su venerada esposa.

xoves, 15 de outubro de 2015

A REPÚBLICA, Platón


PLATÓN, A república, Xuntanza, A Laracha, 1999, 120 páxinas.


**********
Mergullando nos fondos atopamos esta tradución ao galego de Xurxo Sierra e X.C. Rodríguez Pérez.
**********

   —E a continuación —seguín— compara coa seguinte escena o estado en que, con repecto á educación ou á falta dela, se atopa a nosa natureza. Imaxina unha especie de cavernosa vivenda subterránea provista dunha longa entrada, aberta á luz, que se estende ó ancho da toda a caverna e uns bornes que están nela dende nenos, atados polas pernas e o pescozo de xeito que teñan que se estar quietos e mirar unicamente cara diante, xa que as ligaduras lles impiden volve-la cabeza; detrás deles, a luz dun lume que arde algo lonxe e nun plano superior, e entre o lume e os encadeados, un camiño situado nun alto; e ó longo do camiño supón que foi construido un tabique pa­recido ós separadores que se levantan entre os bornes da farándula e o público, por encima dos cales exhiben aqueles as súas marabillas.
   —Xa o vexo —dixo.
   —Pois ben, contempla agora, ó longo desa parede pequena, uns homes que trans­portan toda dase de obxectos, cunha altura que pasa por encima da parede, e estatuas de homes ou animais feitas de pedra e de madeira e de toda clase de materias; entre estes catadores haberá, como á natural, uns que valan falando e outros que estean calados.

martes, 29 de setembro de 2015

DOCE GRANDES CIENTÍFICOS, María Milagros Villanueva Rodríguez.

MARÍA MILAGROS VILLANUEVA RODRÍGUEZ, Doce grandes científicos, Lóstrego, Santiago, 2005, 128 páxinas.
[B VIL doc]

Milagros Villanueva ofrece estas prometidas doce biografías de Arquímedes, Galileo, Newton, Lavoisier, Faraday, Darwin, Pasteur, Madame Curie, Einstein, Böhr, Severo Ochoa e Stephen W. Hawking.

mércores, 13 de maio de 2015

RELATOS MARIÑEIROS, Xosé Neira Vilas

XOSÉ NEIRA VILAS, Relatos mariñeiros, Xerais, Vigo, 2003, 128 páxinas.

[NG NEI rel]

Revisar as estanterías e atopar certos tesouros...Coma sempre. Un exemplar do maestro, ilustrado por outro maestro: Xaquín Marín.





mércores, 18 de marzo de 2015

POESÍA PARA LOS QUE LEEN PROSA, Miguel Munárriz


MIGUEL MUNÁRRIZ, Poesía para los que leen prosa, Visor, Madrid, 2004, 220 páxinas.

[PC MUN poe]


ELOGIO DE LA HERMANA

Mi hermana no escribe poemas,
y probablemente ya nunca se pondrá a escribir poemas,
lo heredó de nuestra madre, que tampoco escribía poemas,
y de nuestro padre, que tampoco escribía poemas.
Y, aunque mis palabras suenen a texto de Adam Macedónski,
en mi familia nadie escribe poemas.

Los cajones de mi hermana no guardan viejos poemas,
en su bolso no hay poemas recién escritos.
Y cuando mi hermana me invita a comer,
sé que no lo hace con la intención de leerme sus poemas.
Sus sopas son deliciosas y carentes de ocultos significados.
Y el café no se derrama sobre los manuscritos.

En muchas familias nadie escribe poemas,
pero si uno de sus miembros empieza, suele sembrar el contagio.
A veces la poesía cae en cascada sobre las generaciones
y origina remolinos capaces de engullir sentimientos familiares.
Mi hermana practica una prosa aceptable
y su obra literaria se reduce a las postales turísticas
con un texto que cada año repite la misma promesa:
cuando vuelva
contará
todo
todito.

Wyslawa Szymborska

mércores, 11 de marzo de 2015

LILI, LIBERTAD, Gonzalo Moure



GONZALO MOURE, Lili, Libertad, SM, Madrid, 1996, 108 páxinas.

[NC MOU lil]

Hoxe, as 10:40 todos os alumnos de 1º de ESO terán a oportunidade de charlar con Gonzalo Moure. Eles xa teñen lido Palabras de caramelo e andarán a piques de ler Los caballos de mi tio. Tamén poden retirar en préstamo esta novela curta publicada no 1996.


martes, 10 de marzo de 2015

EN UN BOSQUE DE HOJA CADUCA, Gonzalo Moure

GONZALO MOURE, En un bosque de hoja caduca, Anaya, Madrid, 2006, 118 páxinas.

[NC MOU enu]

Mañá, mércores, recibimos de a visita de Gonzalo Moure. É esta unha boa ocasión para revisar os títulos que están á disposición dos lectores. Esta novela, fermosamente ilustrada por Encarna León, obtivo o III Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.




venres, 6 de marzo de 2015

RELATOS PARA UN TEMPO NOVO, Xoán Babarro e outros

XOÁN BABARRO & OUTROS, Relatos para un tempo novo, Dirección Xeral de Cultura, Santiago, 1993, 54 páxinas.

[NG REL]

Este libro da colección Lagarto Pintado conta co traballo do ilustrador Miguelanxo Prado.

martes, 3 de marzo de 2015

META RELATOS, Claudio Rodríguez Fer

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER, Meta relatos, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1988,72 páxinas.

[NG FER met]


BETULA PENDULA

“Coas yerbas máis mareiras chega hoxe a ti a miña fala azul. Escríboche desde a beira nordés do fin do mundo, acompañado tan só de natureza. Preguntaraste quizais por que che escribo despois de tanto tempo. Pero sei que ninguén acolleria coma ti o meu falar azul e o seu recendo a madresilvas desfeitas. Despois de moitos días de furias e de olvidos, podo ao fin escribir con certo acougo. Quizais foi este mar o que trouxo a paz na que me sinto. Encóntrome perdido, pero vivo, en medio da máis batida punta en terra. Fáloche, coma sempre, coa mesma tenrura coa que a lingua se comprace no nome máis azul da bidueira —Betula Pendula— ou coa que recibín as túas Cancións de amor azul. E falo azul por ti, na Iingua que é máis miña, como este mar oceánico que me arrola e me muxe. A boca posuída pola verba reverte escuma de áspid entre o soño e o intre equidistante no que escribo e no que te evoco azul, ensortellándote, como sempre ocorre cando alguén che fala”.

   Ela mostrara, quizais enroibecida, a fereza erótica das mulleres-tigre e os dous se mergullaran nun mundo de vinilo. Ela golpeouno cunha flor vermella mentres a aprisionaba no corredor. Volveuse con rapidez felina. Foi unha mordedura lenta, como se os dentes se prendaran do pescozo, e Blue vibrou. Despois mordeuna longamente no van. Ela recorreu a caluga coa lingua: alí trabou con saña a súa tenrura feraz. Amáronse con dor apaixonado, ávidos e salgados polas chagas. Desde entón Blue agardaba a súa visita colocando celofán azul sobre as bombillas e Betula empeñouse en tapizar o corredor coa música de Velvet Underground. Tras a explosión ebúrnea da muller-tigre, a penumbra descubría as marcas vermellas veteadas de cardenais estampados en días anteriores. Preferían trabar cos dentes os seus corpos porque pensaban que a mácula debería ser perenne: só escribían sobre o vivente.

   “Hoxe notei un lóstrego estremecedor en todo o corpo. Entón todo se me puxo azul e apareciches ti, tigresa, víbora ou vespa ao ritmo letal do teu veneno”.

   Betula interrompeu a lectura da carta. Sentíase como ausente de si mesma e para corroborarse levou a man ao beizo superior, deforme desde a última mordedura. Por un momento pensou en viaxar a Fisterra, pero axiña Ile pareceu absurdo e continuou lendo.

   “Ante esta mar, a túa imaxe parece difuminarse entre a néboa, como se xa non quixera seguir colaborando en tanto finximento. Por iso non podo seguir ficcionando por máis tempo. Este circunloquio non describe senón a elipse dunha escapada inútil da evidencia que me oprime. Fuxo de min, amor, fuxo de min, do que me trouxo a agonizar ao fin do mundo, lonxe do teu corpo mordido de mazá camoesa. Asediado por durísimos penedos e ante esta auga que bate implacablemente contra as rochas, sinto que fuxo, amor, sinto que luxo cara esa mar inmensa que non leva a ningures. Fuxo de ti en min, fuxo de ti, tabú, cousa prohibida”.

   Entón quixo sentirse mellor que viva. Puxo música violenta e pensou que ía velo á punta de Fisterra. Maxinou o encontro varias veces, con progresiva virulencia. Volvía aos tempos do vitriolo. Betula abríase cando Blue apretaba con forza a súa gorxa de tigresa e soamente a soltaba cando ela acadaba agarralo con furia entre as súas pernas. Logo viña a mareira e todo daba voltas sobre as rochas e o mar víase no ceo e Biue rolaba exhausto polas penas e daba coa caluga nun penedo; o azul cobraba o ton gris da morte. Betula espertou. A carta caera xa da cama. O locutor, matinal e frío, daba as últimas noticias: ESTA MAÑÁ FOl ENCONTRADO O SEU CORPO SEN VIDA TENDIDO SOBRE AS ROCHAS DO CABO DE FISTERRA. POLO MOMENTO DESCOÑÉCENSE AS CIRCUNSTANCIAS DA SÚA MORTE, AÍNDA QUE PARECE SER DEBIDA AO BATER DA SÚA CALUGA CONTRA AS PENAS...



Fotografía: Eduardo Rodríguez Ochoa

xoves, 12 de febreiro de 2015

DE AMOR E DESAMOR II, Lino Braxe & Outros

LINO BRAXE & OUTROS, De amor e desamor II, Ediciós do Castro, Sada, 1985, 180 páxinas.

[PG DEA]



CAR CRASH (DA MORTE EN NEGATIVO)

Á sombra deste horror metalizado
escribirás os diálogos da morte
da cóxega homicida da memoria
no centro xeométrico do choque
deixando a porta aberta a outras escenas
na emulsión dos meus ollos que impresionan
imaxes de accidentes e feridas. 

Lois Pereiro

xoves, 5 de febreiro de 2015

CANDO OS ANIMAIS FALABAN, Xosé Miranda & Antonio Reigosa

XOSÉ MIRANDA & ANTONIO REIGOSA, Cando os animais falaban, Xerais, Vigo, 2002, 120 páxinas.

[NG MIR ani]

Todas estas Cen historias daquel tempo están ilustradas por Andrés Meixide.

***
¿COMO NACEN AS MOSCAS?

   As moscas son as palabras que pronuncia o demo. Cada letra convértese nunha mosca negra, negra, que vai voando e revoando ata os montes onde se xuntan as bruxas nos aquelarres. No Xistral, por exemplo, reúnense as bruxas de Mondoñedo, do Valadouro e mais de Muras e reparten as moscas e as pulgas do seguinte ano:
   —¡Ala, estas para Zoñán, estas para Cesuras, pra cas Artiaga, estas para Os Muíños, estas, para Viloalle, etc.!
   As moscas son obedientes e van. Pero non poden entrar nas casas. Para que entren, ábrelles a porta, ou a ventá, San Fernando, que é compasivo. Menos mal que as torna San Cipriano. Por eso se di:
   Trae as moscas San Fernando e lévaas San Cipriano.
   Claro que hai que ter en conta que San Fernando se celebra en maio e San Cipriano en setembro. E con todo, hai quen di que as moscas son os excrementos do demo, e non as súas palabras. Por eso a Belcebú lle chaman O Señor das Moscas.
   Contra as moscas hai outro remedio. Dicídelles esto, e a ver que pasa:

   Vaite, mosca condenada,
   que te mandaron as meigas,
   nós temos a San Xosé
   para que el nos libre delas.