mércores, 8 de xuño de 2016

EXERCICIOS DE ESTILO, Raymond Queneau


RAYMOND QUENEAU, Exercicios de estilo, Xerais, Vigo, 1995, 168 páxinas.


[NUG QUE exe]

Non sempre traducir e tracionar. Neste caso convén admirar o admirable traballo de Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazosque ben se pode observar ao comparar o texto en galego co orixinal en francés.


58
AUDITIVO

   Urrando e petardeando, o S veu renxer ao longo da bei­rarrúa silenciosa. O trombón do sol bemolizaba o mediodía. Os pedestres, rinchantes gaitas, proclamaban os seus núme­ros. Algúns subiron un semitono, o que foi abondo para os levar cara á Porta de Champerret, de cantareiras arcadas. Entre os escollidos refolgantes, figuraba un tubo de clarinete a quen as desgracias dos tempos Ile deran forma humana, e a perversidade dun sombreireiro, para levar enriba do timbal, un instrumento que asemellaba unha guitarra que trenzase as súas cordas para se facer con elas un cinto. De súpeto, no medio de acordes en menor de viaxeiros acometedores e de viaxatrices consentidoras, e dos trémolos baladores do rapiñento cobrador, estoupa unha cacofonía burlesca na que a rabia do contrabaixo se mestura coa irritación da trompeta e o canguelo do fagot.
   Logo, despois de suspiro, silencio, pausa e dobre pausa, estoupa a melodía triunfante dun botón que está a pasar á octava superior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario