martes, 28 de setembro de 2021

BETANZOS HISTÓRICO. O COMERCIO TRADICIONAL


O próximo martes 5 inaugúrase na Sala de Exposicións Jesús Núñez a Exposición Betanzos histórico: O comercio tradicional: un conxunto das mellores fotografías realizadas por alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Francisco Aguiar. 

Os visitantes poderán contemplar ata o 29 de outubro o resultado do traballo impulsado por Xosé Manuel Rey Bao dentro do marco do Plan Proxecta Fotografía en curso.

Como anticípo e estímulo para a visita, convidamos a ver esta curtametraxe realizada por Julián Ferrer.

luns, 27 de setembro de 2021

HORA DE LER

1ª SEMANA

[1ª SESIÓN]
 
Poderán os grans de area, agochados aínda nos libros, recordarnos as tardes nas praias do verán.
Agora xa o outono abre os ollos ás lecturas no pupitre das aulas. 
Nesta semana: a historia dunha moi viaxeira e unha selección de microrrelatos de Ana María Matute (traducidos ao galego) do seu libro seminal, Los niños tontos.

mércores, 22 de setembro de 2021

HORA DE LER


   Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado. 

   Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). 

   Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura. 

   Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso... 

   A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura, lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa.

O equipo da biblioteca.

mércores, 15 de setembro de 2021

Comezamos novo curso !

    Neste curso que comeza  recuperamos o espazo da biblioteca que por causa da COVID viña empregándose como aula . 
    A vosa biblioteca, como a desta tira de Liniers, tamén está chea de universos.
    Non deixedes de usala.