luns, 30 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER


14ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Perplexidade! Bendita perplexidade!
Moitos son os momentos nos que a lectura nos leva ao desconcerto e a perplexidade, mesmo tras pretender ententer como poden ser explicadados certos comportamentos dos humanos. Basta ler as veces un relato de Georges Moustaki ou as Fábulas de Esopo.
Porque nesa perplexidade poden prender as raíces do coñecemento!


Ilustración: Masaru Shichinohe

mércores, 25 de xaneiro de 2017

DE SUITE FRANCESA A EL ARTE DE VOLAR


O pasado luns na reunión do Club de Lectura Biblos Aguiar os lectores deixaron constancia da singularidade narrativa de Irène Nemirovsky. Un dos asuntos máis comentados foi a serenidade na narración dunha traxedia que remataría coas vidas da novelista e do seu home. Unha contención no relato difícil de entender desde o noso punto de vista, contaminado polo coñecemento do Holocausto.

Aínda non temos data concreta para a próxima reunión no mes de febreiro. Será na semán do 20 ao 24 de febreiro. O día, por concretar, depende da disponibilidade dos autores, Antonio Altarriba e Kim, aos que queríamos ter con nós.

E si, escollemos ler a novela gráfica El arte de volar que xa está disponible na Libraría Biblos, o noso segundo fogar.

El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.

luns, 23 de xaneiro de 2017

HORA DE LER


HORA DE LER

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Poemas de Manuel Rivas que pesan a vida cunha báscula de Ohio ou un estremecedor relato do último libro de contos de Etgar Keret, que esixe reflexionar sobre o acoso escolar. Estas son as suxestións que propón o Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez para comezar as mañas desta semana.

Ilustración: Carlos Seabra

venres, 20 de xaneiro de 2017

ESCOITANDO AS VARIACIÓNS DA SUITE FRANCESA

IRÈNE NÉMIROVSKY, Suite francesa, Salamandra, Barcelona, 2006, 476 páxinas.

PRÓXIMA REUNIÓN

Luns 23 de xaneiro de 2017 [19:00]

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos

luns, 16 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

12ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Pode ser que andemos desnortados, pero parécenos bastante mellor plan que interpretar as líneas das mans ou os naipes, ler a poesía de Carlos Negro ou a narrativa de Ignacio Martínez de Pisón.

Ilustración: Irving Penn
    

luns, 9 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

11ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Retornamos a ler...

Nesta primeira semana do 2017 eleximos dúas narracións do tristemente falecido John Berger, autor irlandés moi vinculado a Galicia, mesmo a Betanzos (como demostra o debuxo anexo): Una vez en la infancia, na tradución ao castelán de Pilar Vázquez; A gran brancura, na tradución ao galego de Xoan Abelleira, quen o entrevistara para El País no 2007.



Este dibujo «Lo hice en la Paz, un lugar cercano a Betanzos, en los años noventa. Es un homenaje a todos los emigrantes en general y a los gallegos en particular; a los hombres y mujeres que tuvieron que irse de su tierra forzados por la pobreza. Pero también a mi difunto amigo Victor Anand, que tenía una casa en Betanzos, y al que fui a ver todos los veranos durante siete años. Ahora llevo tiempo sin ir a Galicia, un lugar que amo.»

Ilustración: Ana Juan