luns, 25 de setembro de 2023

HORA DE LER

No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.

Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.

xoves, 21 de setembro de 2023

CALENDARIO SOLIDADARIO 2024

 


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por cuarto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o venres 27 de outubro. . 

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2024.

 


 

 


 

 

luns, 18 de setembro de 2023

HORA DE LER

 

Basta pechar os ollos para que o ulido do iodo e das algas rolde o nariz.

Aínda recorda a bronceada pel o tacto da area, pero outros tempos, os da nostalxia?, son chegados...