De que vai isto? Un pirata informático colou un anuncio de Spotify nun centro de ensino público? Pois non.
Hoxe compartimos, con ledicia, a lista de cancións elaborada cooperativamente polos alumn@s de 4º de ESO do IES Francisco Aguiar.
Despois da selección, quedaron 236 cancións de música en galego.
Esta ligazón lévamos a orbitar durante 6 horas e 25 minutos arredor dun Galiuniverso sonoro.
Parabéns ao alumnado e a Carmen Suárez!
Ningún comentario:
Publicar un comentario