Estamos a piques de reiniciar o curso lector do Club de Lectura de adultos do IES Francisco Aguiar.
Para o primeiro trimestre xa temos fixadas as visitas de Xabier López, Arantza Portabales e Raquel Vázquez.
O mércores 14 de outubro, ás 19 horas recibiremos a Xabier López para falar da súa Contrabiografía (Galaxia, Vigo, 2024).
O martes 3 de novembro falaremos de novo con Arantza Portabales; nesta ocasión sobre Asasinato no Muíño do cura (Galaxia, Vigo, 2026).
Arredor do 14 de decembro, en data aínda por determinar, Raquel Vázquez recitará e cantará poemas de Nodo norte (Letraversal, Málaga, 2026), e, obviamente, tamén falará sobre a cartografía do seu poemario.
Todos as persoas interesadas en engadirse a esta aventura que comezou no 2014, poden comunicar esa vontade enviando un correo ao da biblioteca:
bibliofranciscoaguiar@gmail.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario