Este pasado sábado, 21 de marzo, foi o Día Mundial da Poesía. Un día ben escollido: o equinoccio de primavera.
«Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie».
Esa é a sentencia coa que o filósofo alemán Theodor Adorno desexaba
reprobar unha das máis terribles vilezas perpetradas polo home durante o
século XX.
Como explicar que o químico xudeu italiano Primo Levi, vítima do
holocausto, comezara a escribir poesía xustamente nada más saír de
Auschwitz?
Falar da poesía é falar do poder das palabras. É moi difícil facer comprender a quen non quere comprender que, os homes, somos outra cousa ben distinta, se renunciamos ás palabras.
É que ven sendo a poesía?: O renacer da vida que chega ca primavera? Mentras non atopamos á nosa resposta, podemos acudir ás palabras dos outros... Por exemplo, as que escolle Yevgeni Yevtushenko para comunicar a súa verdade compartida: a poesía axuda a educar a nosa mirada, a afinar a nosa sensibilidade na comprensión do mundo. Para algúns, será ben pouco... Para nós é un obxectivo moral. Por iso reproducimos as verbas "máxicas" coas que a poesía nos axuda a erguernos día a día coa mirada limpa:
"Porque aquel en cuxa alma viva Lorca, asasinado pola intolerancia, el mesmo nunca será intolerante. Aquel en cuxa alma viva Pasternak, asfixiado polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentres que no mundo exista, aínda que sexa só unha nai que cante ao seu fillo unha canción de berce, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida".
Yevgeni Yevushenko

Ningún comentario:
Publicar un comentario