Muller e ciencia son dous termos que rara vez aparecen xuntos. Ao longo da historia, as mulleres científicas foron invisibles e condenadas ao olvido. O seu traballo foi desprezado e posto en dúbida polos prexuízos da sociedade e, na maioría dos casos, o mérito do seu traballo recaeu en homes cos que traballaron e que non recoñeceron os méritos destas mulleres. So temos que ver a historia dos premios Nobel nas categorías de ciencias para decatarnos da inxustiza cometida coas mulleres de ciencia.
As precursoras
Talvez a científica máis antiga da que se ten noticia é Tapputi-Belatekallim, que fabricaba perfumes alá polo 1200 a.c. Mesturaba flores e aceites con bálsamos e outras substancias, empregando procesos de destilación e filtración. Pódese considerar a primeira química da historia.
Maria Sybilla (1647-1717). Naturalista e entomóloga. En 1699, conseguiu o permiso para viaxar a Surinam coa fin de
documentar exhaustivamente a vida vexetal e, sobre todo, a dos artrópodos,
converténdose na primeira aventureira en cruzar o océano.
Caroline Herschel (1750-1848). Astrónoma
alemá que descubriu oito cometas e foi coinventora do telescopio Herschel.
Émilie du Châtelet (1706-1949). Coñecida
por ser a tradutora de I. Newton, foi a figura feminina
máis importante da física durante a época da Ilustración na Francia de
principios do século XVIII. Matemática, física e filósofa, Émilie é recoñecida
por ser a tradutora ao francés dos Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica de Newton, unha das obras máis importantes da historia da ciencia. Galardoadas co Nobel
A invisibilidade da muller nos premios Nobel é evidente. Ata o momento só un 5,61% dos científicos recoñecidos con Nobel de Medicina eran mulleres. Peor porcentaxe ten o Nobel de Química. Tan só catro mulleres viron recoñecidos os seus estudos (Marie Curie, Irène Joliot-Curie, Dorothy Crowfoot Hodgkin e Ada Yonath), que representan un 2,26% do total. E aínda peor na disciplina de Física: tan só dúas científicas recibiron o galardón. Foron Marie Curie e Maria Goeppert-Mayer, que supoñen un 0,95% do cómputo global de científicos premiados nesta disciplina.
Podemos destacar as seguintes:
|
![]() |
Marie Curie. Coñecida a nivel mundial polos seus traballos sobre a radioactividade, Marie Curie foi a primeira persoa en gañar o premio Nobel en dúas disciplinas diferentes. No ano 1898 ela e seu marido Pierre anunciaron o descubrimento de dous novos elementos: o polonio (Po) e o radio (Ra). En 1903 recibiu o Premio Nobel de Física xunto ao seu marido e Henri Becquerel, descubridor da radiactividade. Oito anos máis tarde, en 1911, concedéuselle o premio Nobel de Química, esta vez en solitario.
|
A sua filla, Irene Joliot-Curie, recibiu o Nobel de Química en 1935 xunto ao seu marido polos estudos na obtención de novos elementos radiactivos. Tiveron gran importancia no coñecemento das reaccións nucleares en cadea que permitiron o aproveitamento enerxético da fisión nuclear.
Dorothy Crowfoot-Hodgkin traballou no campo da cristalografía logrando determinar a estrutura de moitas moléculas importantes como a insulina, a vitamina B 12, a penicilina e o colesterol. En 1964 recibiu o premio Nobel de Química pola "aplicación da difracción de Raios X á determinación estrutural de moléculas complexas".
Ada E. Yonath foi a primeira científica israelí en recibir o premio Nobel. Concedéullese en 2009 xunto aos seus compañeiros, Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz, polo uso de técnicas innovadoras no estudo da estrutura e funcionamento dos ribosomas.
Dorothy Crowfoot-Hodgkin traballou no campo da cristalografía logrando determinar a estrutura de moitas moléculas importantes como a insulina, a vitamina B 12, a penicilina e o colesterol. En 1964 recibiu o premio Nobel de Química pola "aplicación da difracción de Raios X á determinación estrutural de moléculas complexas".
Ada E. Yonath foi a primeira científica israelí en recibir o premio Nobel. Concedéullese en 2009 xunto aos seus compañeiros, Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz, polo uso de técnicas innovadoras no estudo da estrutura e funcionamento dos ribosomas.
Na disciplina de Física, ademais de M. Curie, só outra muller recibiu o Nobel: Maria Goeppert Mayer en 1963. A partir da análise das distintas cantidades de elementos presentes no Universo e a relación entre esas cantidades, descubriu que a estrutura do núcleo atómico está formada por capas. A súa idea, que permite explicar por que algúns núcleos son máis estables que outros, segue sendo clave na actual física cuántica e na teoría atómica
Rita Levi-Montalcini. Neurobióloga. En 1986 compartiu o Nobel de Fisioloxía e Medicina con S. Cohen (un antigo colaborador), polo descubrimento da substancia que provoca o crecemento das neuronas.
As olvidadas
![]() |
Rosalind Franklin. Empregando a técnica de difracción de raios X obtivo a imaxe clave para descifrar a estrutura do ADN. Partindo dela, os seus colegas, Watson e Crick, moi hábiles, publicaron un estudo en 1953 no que Rosalind non era mencionada. En 1962 os dous recibiron o Nobel de Fisioloxía o Medicina polos seus descubrimentos. Un cancro rematara coa vida de Rosalind catro años antes, con apenas 38 años. De ter estado viva, ¿Rosalind tivese figurado como coautora do gran descubrimento?
|
![]() | Lise Meitner. Nada en Viena, tivo problemas pola súa ascendencia xudía e logrou escapar do Reich. Traballaba xunto a Otto Hahn, co que realizou algúns descubrimentos importantes como o obtención do novo elemento protoactinio (Pa). Tras fuxir a Suecia, seguiu traballando e comunicándose co seu colega. Foi ela quen realmente descubriu as bases da reacción de fisión nuclear, que comunicou a Otto Hahn. Este publicou o artigo sen mencionala o que, finalmente, provocou que o Nobel se lle concedese só a Hahn en 1944. A súa dobre condición de muller e xudía xogou na súa contra. |

Ningún comentario:
Publicar un comentario