XERARDO AGRAFOXO, O país sen fronteiras, Galaxia, Vigo, 2018, 320 páxinas.
xoves, 31 de xaneiro de 2019
mércores, 30 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
luns, 28 de xaneiro de 2019
HORA DE LER
HORA DE LER
16ª SEMANA [4ª SESIÓN]
16ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Ás veces tamén neva no noso corazón. Folerpas que caen ao compás das palabras de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.
Ilustración: Paolo Domeniconi
venres, 25 de xaneiro de 2019
xoves, 24 de xaneiro de 2019
mércores, 23 de xaneiro de 2019
martes, 22 de xaneiro de 2019
ENCONTRO DOS CLUBS DE LECTURA DA ESO
UNHA NOVA INVASIÓN DE LECTORES CHEGA AO AGUIAR
Hoxe martes 22 de xaneiro, un (moi ben) nutrido grupo de alumnos e alumnas quedarán a comer para, antes das sesións da tarde, charlar acerca das súas impresións das lecturas suxeridas polo club.
LAS DERROTAS INGLESAS EN EL RÍO DE LA PLATA, José Luis Gorrochategui
JOSÉ LUIS GORROCHATEGUI, Las derrotas inglesas en el Río de la Plata, Ediciones Salamina, Málaga, 2018, 384 páxinas.
Xa está a disposición dos lectores na nosa biblioteca o novo libro do noso compañeiro José Luis Gorrochategui.
Parabéns!!!!
luns, 21 de xaneiro de 2019
2019 Ano Internacional da Táboa Periódica
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica ao cumprirse o 150 aniversario da publicación da primeira táboa de D. Mendeléiev en 1869, precursora da actual.
Por tal motivo, este ano Correos emite o 9 de xaneiro un selo conmemorativo destacando os elementos descubertos por investigadores españois; e os décimos do sorteo da Lotería Nacional do 2 de marzo terán como imaxe protagonista a fachada da Facultade de Química da Universidade de Murcia, onde se atopa a táboa periódica máis grande do mundo.
Fachada da Facultade de Química da Universidade de Murcia |
A mediados do século XIX xa se coñecían 63 elementos, pero os químicos non se poñían de acordo como ordenalos. Algúns intentos previos de ordenación tomaban como referencia as propiedades comúns dos elementos químicos. Así, as tríadas de Dobereiner e a lei das oitavas de Newlands, a hélice telúrica de Chancourtois, foron sistemas de ordenación que clasificaban os elementos segundo as súas propiedades, as cales tiñan unha certa periodicidade na devandita clasificación.
En 1860 organizouse o primeiro Congreso Internacional de Químicos en Karlsruhe, en Alemaña, unha reunión que resultaría transcendental. Alí o italiano Stanislao Cannizzaro estableceu de forma clara o concepto de peso atómico (masa atómica relativa dun elemento), concepto que serviu de base para que tres novos participantes no congreso -William Odling, Lothar Meyer e Dimitri Mendeléiev o empregásen nos seus respectivos intentos de clasificar os elementos químicos.
A táboa de Meneleiev
D. Mendeléiev iniciou, en 1860, os seus estudos sobre a confección dun manual de química. Para iso, elaborou unhas tarxetas onde ía enumerando as propiedades máis significativas dos elementos coñecidos ata entón. Ao ordenar estas tarxetas seguindo o valor da masa atómica dos elementos, puido comprobar que aqueles con propiedades químicas similares se ordenában en columnas, mentres que ao longo das filas, as propiedades ían variando gradualmente. Desta forma construíu a súa táboa periódica.
Con todo, o seu maior mérito foi darse conta de que, nalgúns lugares da súa táboa, os elementos non encaixaban adecuadamente, polo que deixou ocos na mesma predicindo o descubrimento de novos elementos así como as súas propiedades químicas. Ademais alterou o lugar dalgúns elementos que, pola súa masa atómica correspondíalles outro lugar (Te e I).
O primeiro dos elementos preditos por Mendeléiev que foi descuberto foi o Galio ao que chamou eka-aluminio, por estar debaixo da Al. Cunha mostra pura de galio determináronse as propiedades físicas e químicas, que coincidiron coas preditas por Mendeléiev. Posteriormente illáronse os outros elementos químicos preditos por Mendeléiev: Escandio, germanio e tecnecio, cuxas propiedades coincidían coas preditas.
Isto provocou que a táboa de Mendeléiev tivese un gran éxito, polo que se lle considera como o creador da Táboa Periódica actual. Publicouna en 1869. L. Meyer realizou unha táboa similar, sen coñecer o traballo de Mendeléiev, aínda que baseándose nas propiedades físicas dos elementos. A táboa de Meyer foi publicada un ano despois e xa non tivo tanta transcendencia.
A versión actual da táboa conseguiuse grazas á lei periódica que presentou o británico Henry Moseley a comezos do século XX, segundo a cal, o criterio de ordenación non debía ser a masa atómica senón o número atómico (Z). Desta forma, entendeuse o cambio de posición do Te fronte ao I que Mendeléiev realizara anteriormente. O Z do Te menor que o do I, a pesar de que a súa masa atómica é maior.
A TP contén 18 columnas (grupos ou familias) e 7 filas (períodos). Hoxe en día coñécense os 118 elementos que a completan. O últimos catro consideráronse oficialmente descubertos e nomeados en 2017: Nihonio (Nh), Moscovio (Mc), Téneso (Tn), Oganesón (Og).
Os científicos atópanse traballando no descubrimento do elemento 119, o cal se situaría no primeiro grupo, debaixo do Francio, e inauguraría o oitavo período. De ser estable, as súas propiedades serían similares ás dos metais alcalinos, grupo ao que pertencería.
150 anos da Táboa Periódica
La tabla periódica más antigua
HORA DE LER
HORA DE LER
15ª SEMANA [3ª SESIÓN]
15ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Ler os relatos de Elisa R.V. García e Claudio Rodríguez Fer para rematar sendo o corazón da flor.
Ilustración: Elizabeth Sagan e James Trevino
venres, 18 de xaneiro de 2019
CORPO, Antón Lopo
ANTÓN LOPO, Corpo, Xerais, Vigo, 2018, 96 páxinas.
[PG LOP cor]
Só o poema
pode escapar,
quen asume a disolución?
xoves, 17 de xaneiro de 2019
mércores, 16 de xaneiro de 2019
martes, 15 de xaneiro de 2019
DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL, Arantza Portabales
O Club de lectura Biblos Aguiar conversou con Arantza Portabales arredor da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, nun encontro que resultou especialemente divertido.
Falamos das mulleres que protagonizan unha novela que non debería ser etiquetada simplistamente como novela feminista ou novela de muller ou para mulleres.
Detrás das mensaxes de Marina, Carmela, Sara e Alicia (trasmutada tráxicamente en Viviana) laten vivencias terribles propiciadas polos comportamentos, moitas veces reprobables, dos homes: o mal marido, o perverso tío, o pai egoísta, o pai pusilánime, o fillo entregrado ás boas causas que lle permiten evitar afrontar a súas responsabilidades...
Novela composta por secuencias marcadas cun final efectista (non é un demérito nunha escritora que coñece o éxito do microrrelato), sorprende pola estrutura que deposita un dos sentidos na progresión das interseccións das tramas que conflúen nunha historia caleidoscópica que mesmo podería ser considerado un pequeno tratado sobre as emocións.
MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO, Marga Tojo
MARGA TOJO, Maternidade fóra de catálogo, Xerais, Vigo, 2018, 192 páxinas.
luns, 14 de xaneiro de 2019
HORA DE LER
HORA DE LER
14ª SEMANA [2ª SESIÓN]
14ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.
venres, 11 de xaneiro de 2019
xoves, 10 de xaneiro de 2019
mércores, 9 de xaneiro de 2019
martes, 8 de xaneiro de 2019
HORA DE LER
HORA DE LER
13ª SEMANA [1ª SESIÓN]
13ª SEMANA [1ª SESIÓN]
Nesta primeira sesión do ano 2019, eleximos lecturas transparentes: poemas de Carlos Negro e un relato de Juan José Millás.
Ilustración: René Magritte
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)