luns, 16 de decembro de 2024

HORA DE LER

 


Algúns de nós, terán que seguir a ler, desde a súa ca(s/m)a, convalecentes das enfermidades que agroman cos fríos.
En calquera dos casos, todos, «por no hacer mudanza en su costumbre», poderemos cumprir a tradición de rememorar as tradicións lendo a Paul Auster, Hans Christian Andersen, Rafael Dieste ou unha antoloxía de microrrelatos, pregando, iso si, que non suceda o augurio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

luns, 9 de decembro de 2024

HORA DE LER

 

Podería ser que esteamos a ler un relato dunha muller que está ler un relato.

Diso vai unha das propostas desta semana: os relatos de Julio Cortázar e a homenaxe de Raquel Vázquez.

Tamén pode suceder que a segunda das lectoras que debuxou Alessandra Vitelli teña elixido ler unha antoloxía de microrrelatos navideños ou ben unha narración de Ánxel Fole.

xoves, 5 de decembro de 2024

ENCUENTRO CON LÚA MOSQUETERA




 






 

Tarde feliz con Lúa Mosquetera
Divertidísima.
Lúa, en su nuevo regreso a [el que siempre será] su instituto, demostró que la cultura es ese intangible tan sagrado que ha de gozar del respeto de los que saben reírse. 
Y sí. Es cierto. 
Lúa ha trasladado a ¡Yo vivo! experiencias vitales desgarradoras que ella ha sabido transmutar en fervor literario. 
Porque, esa breve narración, no cabe duda, contiene excelsas páginas sobre el duelo: relámpagos que iluminan la angustia del que ha sido abandonado por sus seres queridos a la intemperie de la noche oscura.
Pero no menos verdad es que su conversación amena, inteligente y escandalosamente delicada en el tratamiento de tan lacerante experiencia, convierte su saber en un regalo. 
Otro regalo suyo que no olvidaremos.
 
Francisco Rodríguez Coloma
 

luns, 2 de decembro de 2024

HORA DE LER

Levamos os libros na cabeza. Ou por enriba da cabeza... Comezamos este mes de decembro cun relato de tema navideño de Truman Capote e unha narración breve de Berta Dávila.

luns, 25 de novembro de 2024

HORA DE LER



   Ángeles Santos (1911-2013) tiña 18 anos cando pintou esta Tertulia, o retrato de catro mulleres que fuman, len e están relaxadas nuns sofás. Unha temática bastante audaz para os anos 20 en España, aínda máis na periférica Valladolid, e máis aínda se a autora era unha post-adolescente que parecía ter o demonio no cuerpo: como explicar que unha rapaciña pintara semellantes cousas.

   Trinta anos despois, o 25 de novembro de 1960 Rafael Leónidas Trujillo, ordenou o cruel asasinato de Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, opositoras ao réxime do dictador da República Dominicana. 
   Desde 1981 en moitos países de Latinoamérica elexiron o 25 de novembro para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Posteriormente, xa en 1999, a ONU declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación a Violencia contra a Muller, en memoria das irmás Mirabal.
   Entre as nosas suxestións de lectura, unha selección de microrelatos e textos de María Larrea, María Reimóndez, Berta Dávila, Juan Bonilla, Raúl Ariza, María Xosé Queizán e Paula Carballeira.
   

luns, 18 de novembro de 2024

HORA DE LER


    «Entrar en casa de sus abuelos fue para Miguel lo mismo que entrar en una novela, porque sólo en una novela era imaginable encontrar aquel mundo magnífico, fascinante como un reino de leyenda. La oscuridad antigua y enigmática de la antesala aparecía atravesada por un haz soberbio de luz limpia en el que el aire flotaba majestuoso y casi visible. 
   Una anciana de pelo canoso y sonrisa tenue le dijo mi niño, mi niño, por fin has llegado. «Ya casi no te acordarás de mí, la última vez que te vi aún no sabías hablar», añadió, y Miguel, dejándose besuquear, contempló la panoplia con sables y las cristaleras de colores. Después ella le tomó de la mano, dijo ya sabes lo que ha dicho el médico, que debes guardar cama una temporadita, y echó a andar despacio por el pasillo larguísimo. Miguel miraba las habitaciones que iban dejando a ambos lados y era como si ante sus ojos alguien pasara con rapidez las páginas de un libro mágico». 
   Así comeza La ternura del dragón, a deliciosa novela de Ignacio Martínez de Pisón.
   Os lectores que pretendan atopar explicación á curiosidade do dragón que debuxou Gisela Navarro Fuster para conmemorar o San Jordi 2018, poden ler o relato de Ray Bradbury. E proseguir coa lectura da narración de Antón Riveiro Coello.

xoves, 14 de novembro de 2024

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...Presentación da novela de Pardo & Sáez

Mañá 15 de novembro, ás 19 horas no Salón Azul do Edifico do Liceo, resultará moi pracenteira a experiencia de escoitar a María José Pardo Fandiño e a Lucía Sáez Baquedano. 
Co papel aínda quente da súa primeira obra, a colección de relatos Historias de aquí y de allá (Distrito 93, 2024), falarán principalemente sobre La vida que fue, a súa primeira novela.
 
Moderará a conversa e presentará ás autoras Julián Ferrer, que, moi probablemente, preguntará por que non escolleron para a publicación das súas obras un nome artístico, como organizan elas a escrita a catro mans, e o impacto no estilo de ter que escribir, nestes momentos, a tres.


luns, 11 de novembro de 2024

HORA DE LER

As landras e as follas dos carballos e os castaños caen ao chan para partillar cos cogomelos. 

A nosa conversa xirará sobre as historias de Arkadi Avérchenko e Amaia Tomé.

martes, 5 de novembro de 2024

HORA DE LER

Ler en silencio, na compañía dos outros lectores... 
Pode ser que das páxinas das suxestións de lectura emerxan xigantescos polbos, como na famosa historia de Verne, ou unha presenza que non sabemos definir, como no relato co que Sarai Pérez Castro ven de gañar o concurso de relatos de terror.

domingo, 27 de outubro de 2024

HORA DE LER






Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.
 
 
 
Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.
 
 
 

luns, 21 de outubro de 2024

HORA DE LER

Aínda que non nesta nada ergonómica postura, a nosa recomendación será sempre ler

Porque, ben sabido é, como recorda este tempo de outono, case todas as follas caen...

mércores, 16 de outubro de 2024

CALENDARIO 2025


A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por quinto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o martes 5 de novembro. . 

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2025.

 


 

 


 

 


 

 


luns, 14 de outubro de 2024

HORA DE LER

 

A mirada atenta ás palabras que pronuncia o rapaz que ten nas mans o papel.

Pode ser que estea a dicir: «En la radio de música clásica la locutora dice que la próxima pieza va a ser un poema sinfónico....» ou «Díselles lobicás en Lugo, os cans que teñen sangue de lobo». pois así comezan as narracións que constitúen as suxestións de lectura desta semana.

luns, 7 de outubro de 2024

HORA DE LER


Jacques Prévert escribiu no seu poema titulado Les Feuilles Mortes


Oh ! je voudrais tant que tu te souviennes 

Des jours heureux où nous étions amis. 

En ce temps-là la vie était plus belle, 

Et le soleil plus brûlant qu'aujourd'hui. 

Les feuilles mortes se ramassent à la pelle. 

Tu vois, je n'ai pas oublié... 

Les feuilles mortes se ramassent à la pelle, 

Les souvenirs et les regrets aussi 

Et le vent du nord les emporte 

Dans la nuit froide de l'oubli. 


Para que o nordés non alonxe de nós os recordos dos bos momentos vividos, para dificultarlle a existencia a fría noito do esquecemento, seguemos a ler.

mércores, 2 de outubro de 2024

REUNIÓN COAS FAMILIAS

HORARIOS E DÍAS DE REUNIÓNS COAS FAMILIAS 

 

LUNS 7 DE OUTUBRO 

 

1º ESO : 17:00 [SALÓN DE ACTOS] 

 

2º, 3º, 4º: 17:00 [AULA DE REFERENCIA] 

 

2º BAC A, B, e D: 17:00 [AULA DE REFERENCIA]

 

1º BACHARELATO: 17:45 [SALÓN DE ACTOS] 

 

MARTES 8 DE OUTUBRO 

 

2º BAC C: 18:15 [AULA DE REFERENCIA]

luns, 30 de setembro de 2024

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... a publicación do ultimo libro de Raquel Vázquez

 



Nesta ocasión, Raquel Vázquez ven á nosa páxina pola publicación dun libro de aforismos, Entre coche y andén, Renacimiento, Sevilla, 2024.

Para a presentación na cidade de A Coruña [berbiriana, mércores 2/10/24 19h] estará acompañada por Francisco Rodríguez Coloma.

HORA DE LER



Que poderá estar a ler a nena lectora?

A nena lectora que protagoniza o relato de Manuel Rivas lía en voz alta na Fábrica de Tabacos, para o pracer das cigarreiras, a Balzac, Zola, Dickens ou Galdóa.

A nena eterna da ilustración de Susana Surinada pode estar a recitar un poema de Manuel Curros Enríquez ou a ler un relato de Luz Adrianaga Bedoya.

luns, 23 de setembro de 2024

HORA DE LER


A nosa biblioteca, loxicamente, carece da maxestade da Biblioteca Nacional.

No relativo aos fondos, que dicir...

Aínda así, contén suficientes libros para complacer os diversos gustos dos lectores.

Para os que todavía non escolleran o seu título, deixamos dúas propostas: unha antoloxía de microrrelatos de Ana María Matute e un conto de Marvel Moreno.

luns, 17 de xuño de 2024

HORA DE LER

Hora de ler? Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias, mesmo no cheiro a cloro da auga das piscinas. 
Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.

luns, 10 de xuño de 2024

HORA DE LER

O sol do mes de xuño anuncia o comezo do fin do curso. 

Nós seguimos a ler, mesmo sen medo a saír voando!

Aí quedan un relato de Amaia Tomé e un conto de Emilia Pardo Bazán que agradarán a moitos lectores.

luns, 3 de xuño de 2024

HORA DE LER

 


Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das propostas para esta semana: Benjamín Prado e Berta Dávila.

luns, 27 de maio de 2024

X ANIVERSARIO DO CLUB DE LECTURA: 2014 / 2024

Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura. 

Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013. 

A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.

Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura. 

Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina. 

19 horas

Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

IES Francisco Aguiar

HORA DE LER

Aínda que estamos dacordo en que os libros embriagan, non temos máis remedio que sinalar a anacrónica elegancia que amosa este lector dos contos de Anxos Sumai e Manju Kapur.

martes, 21 de maio de 2024

HORA DE LER

«Prithee, smite the poet in the eye when he would sing to you praises of the month of May».
Así comeza o relato de O. Henry, The Marry Mouth Of May, que, na versión ao español, deixamos como suxestión de lectura.
Pode ser que maio non sexa o mes máis alegre... 
Innegable é que ven sendo o mes no que a Primavera convida a todos a pousar pes e mans no corazón da terra.

luns, 13 de maio de 2024

HORA DE LER

Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra

É perfecta para explicar cal é a pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada


luns, 6 de maio de 2024

HORA DE LER

As pernas da nai como o mellor atril onde pousar o libro que queremos ler...

Entre as suxestións de lectura para esta semana uns poemas de Paul Auster, e os relatos de Lucia Berlin e Luisa Castro.

mércores, 1 de maio de 2024

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS

ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS 

A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.

Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023)  / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.

Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.

Non hai en A parte fácil personaxes planos.  

As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.  

Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai.  O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.

O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras a nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre». 

A algúns xa lles ten mordido. 

A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.

E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.

Francisco Rodríguez Coloma [Texto]

&

Ana Tomé [Fotografías]

luns, 29 de abril de 2024

HORA DE LER

Outra maneira de achegarse á realidade... 

«Cuando vives aquí, te olvidas de que solo porque has dejado de hundirte no significa que no estés ya bajo el agua», lemos no relato de Amy Hempel. 

Esa é a cita que escolleu Ismael Ramos como antesala da súa na primeira obra narrativa.

Na outra suxestión de lectura unha escolla de poemas de Lixeiro (Xerais, Vigo, 2021).