luns, 25 de novembro de 2024

HORA DE LER



   Ángeles Santos (1911-2013) tiña 18 anos cando pintou esta Tertulia, o retrato de catro mulleres que fuman, len e están relaxadas nuns sofás. Unha temática bastante audaz para os anos 20 en España, aínda máis na periférica Valladolid, e máis aínda se a autora era unha post-adolescente que parecía ter o demonio no cuerpo: como explicar que unha rapaciña pintara semellantes cousas.

   Trinta anos despois, o 25 de novembro de 1960 Rafael Leónidas Trujillo, ordenou o cruel asasinato de Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, opositoras ao réxime do dictador da República Dominicana. 
   Desde 1981 en moitos países de Latinoamérica elexiron o 25 de novembro para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Posteriormente, xa en 1999, a ONU declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación a Violencia contra a Muller, en memoria das irmás Mirabal.
   Entre as nosas suxestións de lectura, unha selección de microrelatos e textos de María Larrea, María Reimóndez, Berta Dávila, Juan Bonilla, Raúl Ariza, María Xosé Queizán e Paula Carballeira.
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario