LEO LEONNI,
Frederick,
Kalandraka, Pontevedra, 2004, 30 páxinas.
**********
Entón, a que ven este libro ilustrado de Leo Leonni? Pois, a verdade, non hai mellor modo de xustificar a cultivo da palabra, que esta historia de ratiños, na que Frederick ten reservado un papel ben simbólico. Cando chegou o inverno, "metres Frederick lles falaba do sol, os catro ratiños foron sentido a súa calor. Sería a voz de Frederick? Era maxia?".
Falar da poesía é falar do poder das palabras. É moi difícil facer comprender a quen non quere comprender que, os homes, somos outra cousa ben distinta, se renunciamos ás palabras.
É que ven sendo a poesía?: O renacer da vida que chega ca primavera? Mentras non atopamos á nosa resposta, podemos acudir ás palabras dos outros... Por exemplo, as que escolle
Yevgeni Yevtushenko para comunicar a súa verdade compartida: a poesía axuda a educar a nosa mirada, a afinar a nosa sensibilidade na comprensión do mundo. Para algúns, será ben pouco... Para nós é un obxectivo moral. Por iso reproducimos as verbas "máxicas" coas que a poesía nos axuda a erguernos día a día coa mirada limpa:
"Porque
aquel en cuxa alma viva Lorca, asasinado pola intolerancia, el mesmo
nunca será intolerante. Aquel en cuxa alma viva Pasternak, asfixiado
polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentres que no mundo
exista, aínda que sexa só unha nai que cante ao seu fillo unha canción
de berce, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida".
Yevgeni Yevtishenko