venres, 30 de xullo de 2021
ESTA NON É MANEIRA... Nieves Calviño Santiso
venres, 9 de xullo de 2021
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...MAY VILS
A moi boa música da nosa moi creativa exalumna May Vils...
No número de xullo Laura Gestal entrevista a May Vils dando conta das últimas grabacións ás que podemos desde as plataformas de Soundcloud, Amazon ou mesmo en Spotify.
Como advirte na entrevista, contou para o vídeo Te extraño coa axuda da súa amiga Raquel e algunha que outra compañeira que tamén paseou a súa sensibilidade e admirable rebeldía polas nosas aulas.
Parabéns a todas estas mulleres talentosas e, en particular, a esta emerxente artista: May Vils.
xoves, 8 de xullo de 2021
CONSECUENCIAS, Óscar García Ramos
O equipo da Biblioteca do IES Francisco Aguiar congratúlase de poder anunciar que, este poemario do noso compañeiro Óscar García Ramos, Gañador do XXIV Premio de poesía Francisco Añón | (2020), está xa a disposición dos lectores nun lugar preferente da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez.
Ollando as consecuencias do bacilo
que como teipa no meu peito fura
resulta inoportuna esta textura
de mina de grafiito que destilo
O tempo intercostal en que cavilo
non deita mandarinas mais escura
materia saturada de tristura
nostálxica humidade en peristilo
Achado pernicioso este cordame
de negras cavidades que vulnera
que fai do leit-motiv motivo infame
mesquino cando o poeta quixera
tomar en efusión este derrame
tirar a soidade que lacera.