Parece que o curso comezara antonte e xa estamos chegando ao final da primeira avaliación.
Nesta semana na que a humidade que acompaña á perpetua choiva, lévanos da man ao abrigo, poden ser boas suxestións de lectura os relatos de Miguel Anxo Murado e Ana Cristina Herreros.
Son estes cúmulos productos da imaxinación de Rob Gonzalves ou a paisaxe dunha paixón que xurde da mirada dunha lectora que descansa, por estar a degustar as palabras de Nicolás Casariego Córdoba ou Agustín Fernández Paz?