mércores, 12 de outubro de 2022

CONCURSO DE [MICRO]RELATOS DE TERROR



  

O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores,  un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.

As propostas de lectura das próximas semanas, estarán marcadas polas historias de defuntos e o trasmundo.
 
Os traballos poderán ser enviados preferentemente ao correo da biblioteca: [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] co [Asunto: Concurso de relatos de terror] e o documento anexo en formato editable (doc, odt...).

luns, 10 de outubro de 2022

HORA DE LER

 

Comezamos Hora de ler.

Para quen esquecera o seu libro na casa, quedan a disposición dos lectores os relatos de Medos Romero e Maggie O'Farrell.

...Porque cando lemos, desde as páxinas, arrolando polas mans que sosteñen o libro, xorden mundos que terminan por habitarnos.

HORA DE LER. XANEIRO-FEBREIRO

martes, 27 de setembro de 2022

BALCONADAS


Finalmente será o próximo mércores 28 de setembro o día da inauguración da exposición fotográfica Balconadas, composta polas fotos realizadas, baixo o liderado de Xosé Manuel Rey Bao, polo alumnado de Plástica de 3º de ESO (Curso 2021/2022).

Sala de Exposicións do Edificio Liceo de Betanzos.

O horario de visitas é o seguinte:

De luns a venres, de 10 a 14 e de 19 a 20 h.

Sábado, de 11:30 a 14 horas e de 18 horas as 22 horas.

Aínda que xa estamos afeitos á excelencia dos seus traballos, este vídeo realizado por Julián Ferrer, ademais de animar á visita da exposición, resulta ser unha curtametraxe necesaria que permite (e mesmo demanda) varios visionados.

venres, 8 de xullo de 2022

BIENVENID@ AL MUNDO DE LAS MUJERES BELLOTA, Eva Alfonso

 

EVA ALFONSO, Bienvenid@ al mundo de las mujeres bellota, Mismomundi, Galicia, 2013.

 



O pasado 28 de xuño a nosa compañeira Eva Alfonso a Belén Iglesias, coordinadora da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, entregou un exemplar adicado do seu libro ilustrado Bienvenid@ al mundo de las mujeres bellota, onde vivencia a maternidade nun diálogo de poesía e pintura.

luns, 20 de xuño de 2022

luns, 13 de xuño de 2022

HORA DE LER


Chegamos cansos ao final do camiño, por iso convén atopar momentos de reparación da man das lecturas: unha antoloxía de microrrelatos e unha historia de Fran Alonso.