Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Xosé Mª Díaz Castro
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.
Rexirase polas seguintes bases:
- Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
- As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
- O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
- As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos.
- As fotografías deben ilustrar algún verso ou idea das que se axuntarán a estas bases nesta pequena escolma poética.
- O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
- As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
- O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
- O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
- Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
- 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
- 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
- 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario