venres, 9 de maio de 2014

PLAN DE MELLORA 01


Onte o Consello Escolar do Centro aprobou a solicitude do Plan de Mellora para a nosa Biblioteca. 

Hoxe é fácil sinalar a xente que forma parte do Equipo da Biblioteca: nós seríamos unha cousa ben distinta sen o entusiasmo e a entrega de Elvira Castro, María José Pardo, Lucía Sáez, o Carmen Suárez; sen a visión espacial de Xosé Manuel Rey Bao, os enroques tan betanceiros de Óscar García Ramos ou o noso cineasta favorito, Julián Ferrer. 

Pero como quedaba dito en febreiro, a propósito dos soños dos androides, este traballo que se ven facendo e o froito do teimudo afán de moita xente.

Desde hoxe, iremos divulgando as produccións de ARDA: Alto Risco Derivados Audiovisuais, e, polo tanto, empezamos por este anacrónico principio: A inminente chegada do Nadal.

 


Xa nada detén a súa inminente chegada. É por iso que na Biblioteca os libros non se conforman con estar nas estanterías esperando que algún lector os pasee. Os de peto despreguízanse e reclaman con xúbilo que alguén os lea. Aos máis pesados e enciclopédicos agrádalles xogar a compoñer as distintas pólas dunha árbore: a árbore do saber, a árbore da vida. Na copa, á que só se empolican os máis atrevidos, loce un desexo: Feliz Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario