venres, 27 de febreiro de 2015

LIMINOSO LUGAR DE ABATIMIENTO, Xosé María Álvarez Cáccamo

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO, Luminoso lugar de abatimiento, Esquío, Ferrol, 88 páxinas.

[PG ALV lum]


Calquer instante o mar, quieto ou fragoso,
mostra o prodíxio de firmeza, estátua
nunca ferida de gangrena e sal.
Nova ardora virá queimando túnicas
mas nunca lume e pedras de carbón
nas páxinas que saben acoller-me.

Eu resido nun mar que foi escrito
só para mi leitcor predestinado.
Polas calexas vou descoñecido
e nunca topo un lago onde mirar
o  paso dos meus olios pola terra.

Tantas xiadas fican, tanto frio
tanta aguación de xabres desbordados...
Pero o mármore escrito nas areas
garda un limiar de soño, unha clepsidra
onde me oculto da devastación.

Entro no verso, un campo de figueiras.
Ali durme saudoso quen marchou
no carro de alén-mar e nos deixara
un herdo de ollos rotos e siléncios.
Agora está falando con abellas,
conta os fios de mel, toca a resma,
tece un pano con águas mui delgadas.

Dentro tamen estou, recoñecido
no meu corpo de mar indestrutível.

Ningún comentario:

Publicar un comentario