xoves, 1 de outubro de 2015

CLUB DE LECTURA ADULTOS AGUIAR



   Durante o curso 2013/2014 o IES Francisco Aguiar comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto. Estes días pasados os alumnos recibiron unha carta na que se podía ler que "que a lectura pode ser un axeitado instrumento para ir construíndo sintonía entre os diversos membros da comunidade educativa". Pode ser que esa carta non chegara aínda ás vosas casas, polo tanto, sirva este recordatorio como invitación.

   O próximo luns 5 de outubro ás 19:00 teremos a primeira reunión, neste xa terceiro curso, do Club de Lectura Adultos Aguiar.

   Outra vez toca agradecer a Carmela González e a Tucho Calvo a súa hospitalidade e afán por dinamizar a vida cultural da nosa vila.

Luns 5 de outubro
19:00 horas
Rúa Santiago, 4

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

Ilustración: Shen Xinggong

Ningún comentario:

Publicar un comentario