martes, 26 de xaneiro de 2016

ENGURRAS QUE NON ESQUECERÁN OS ALUMNOS DE 2º DA ESO

PACO ROCA, Arrugas, Astiberri, Bilbao, 2007, 100 páginas.

 [AI ROC arr]

**********
O 13 de febreiro do 2013 estiveron no noso IES Paco Roca e David Rubín. Naquela ocasión algúns alumnos leran El Monte de las Ánimas de Gustavo Adolfo Bécquer, na versión de David Rubín. Todos os alumnos do primeiro ciclo virán a fermosa adaptación cinematográfica da novela gráfica de Paco Roca: Engurras. O encontro foi tan exitoso como emocionante pola implicación dun alumnado conmovido cunha historia que non está tan lonxe de nós como, as veces, queremos pensar.

Este ano os alumnos de 2º da ESO foron convidados a ver a película de Ignacio Ferreras pola Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO). Profesionais desta asociación desenvolveron unha unidade didáctica parar acadar unha maior concienciación sobre esta enfermidade. 

Polo que se pode ver en Para mí el alzheimer es... (este vídeo do que é responsable na parte técnica o noso mellor cineasta, Julián Ferrer), os alumnos estimulados e coordinados pola súa profesora, Elvira Castro, o levan ben sabido. Un excelente traballo. Parabéns a todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario