martes, 12 de marzo de 2019

ENCONTRO EXTRAORDINARIO CON ANTÓN LOPO





Un encontro extraordinario con Antón Lopo sobre Extraordinario, unha novela que amosa unha sensibilidade exquisita abordando temáticas das que outro autor extraería un relato bronco ou superficial: a construción da persoa (o que inclúe a identidade sexual, a elección da ideoloxía, da lingua na que vertebrar ese pensamento...), a procura da felicidade, as relacións familiares...
Lopo fai de Óscar un home bo con unha mirada nítida y limpa sobre todas as cousas; consegue que o lector, despois de contemplar un noxento drama familiar marcado polos desafectos (fillos que abandonan nais, nai que rexeita ao fillo por non terse acomodado ao modelo imposto desde as súas elegantes saias),  siga a crer no ser humano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario