luns, 27 de xullo de 2020

ALEM BTF: UNHA CANCIÓN PARA A CONCIENCIACIÓN


CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

Alem BTF, o noso Ex alumno, ven de compoñer unha composición encargada pola propia alcaldesa, María Barral, para facer chegar unha mensaxe a todas as xeracións, «Hasta el último latido».
Alem recorda na súa canción a importancia da distancia social.

PREMIO GARELO 2020 Á AGRUPACIÓN DE TEATRO MARIÑÁN

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS....

Que o Concello de Betanzos concede o Premio GARELO 2020 á Agrupación de Teatro Mariñán.

En Cultura o premio será para a agrupación teatral Mariñán que este ano cumpre o seu décimo ano de vida. O Concello quere destacar así o labor deste grupo de teatro afeccionado por achegar as artes escénicas a todos os betanceiros e betanceiras. Fai uns 25 anos, foi o profesor de literatura española, Daniel Martínez, quen levou o entusiasmo polo teatro a moitos betanceiros a través dun grupo escolar chamado “ Aveliña” e a creación do colectivo “ Rapsodas”. A partir de aí ideou xunto a outro destacado betanceiro, Xulio Cuns, a Agrupación de Teatro Mariñán como unha solución para que os estudantes que cursasen esta materia no instituto Francisco Aguiar seguisen ligados ao mundo do teatro. Desde entón ata hoxe continúan a súa viaxe polas artes escénicas, co encontro de teatro afeccionado cada mes de febreiro.

Neste momento forman parte desta agrupación os seguintes Ex Aguiar: Sara Zabalza, Inés Valiño e Juan Vázquez.

Parabéns a todos os que nalgún momento participaron nesta tarefa e, en particular, aos actuais membros da Agrupación.

xoves, 23 de xullo de 2020

MELLORES EXPEDIENTES USC 2020




Nestes tempos de anomalías non pode causar estrañeza esta fotografía na que, con mascaras sobre o seu rostro, Mario Paz Alvariño,  Rosalía Suárez Sánchez, Antía Casanova Varela e Mencía Rey Pardo sosteñen a orla da súa promoción.

Eles hoxe deberían ter asistido ao Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, un acto que tivo lugar este xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC. A este acto, presidido polo reitor da USC e contará coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores, só acudiron un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais.

Antía, Mario, Mencía e Rosalía mereceron esa consideración de Mellores Expedientes da USC por ter acadado nas ABAU unha nota igual ou superior ao nove. 
Un mérito conseguido co moito esforzo persoal que representa o cumio do esforzo no que tamén participararon os seus outros 103 compañeiros (100 presentados a ABAU dos que 18 poden optar ao Premio Extraordinario de Bacharelato), cos que desexan pronto compartir vivencias máis felices.
Con saúde. Sen máscaras. Sen medos.

venres, 17 de xullo de 2020

PREMIOS ENERXIZA.RME 2020

Primeiro premio desta edición do concurso ENERXIZA.RME 2020. 

As alumnas Candela Lagares, Teresa Sánchez e Lucía Ares do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Este equipo venceu polo coñecemento técnico á hora de construir a súa casa sostible pero tamén pola súa orixinalidade no momento da presentación dos resultados. Dende a Escola premiamos a estas pequenas enxeñeiras polo seu ben facer.

SEGUNDA posición no concurso ENERXIZA.RME 2020. 
Yago Muíño, Martín Vázquez e Joel Armada do IES Francisco Aguiar de Betanzos, son os os creadores de LA CASA EFICIENTE. Nesta maqueta, utilizaron materiais reciclados e interruptores crepusculares entre outras cousas para obter este fantástico deseño. Agradecemos a vosa participación e esperamos que aproveitedes o premio para mellorar este prototipo. Seredes grandes enxeñeiros!!!!
Un especial recoñecemento á profesora Ánxela Vázquez Álvarez pola súa implicación no proxecto.

luns, 6 de xullo de 2020

CLUB DE CIENCIAS



Vídeo do club de ciencia de maio. 
Esta actividade propúxose ao alumnado de ESO e BAC na fase 1 da desescalada para favorecer o contacto coa natureza.