luns, 27 de xullo de 2020

PREMIO GARELO 2020 Á AGRUPACIÓN DE TEATRO MARIÑÁN

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS....

Que o Concello de Betanzos concede o Premio GARELO 2020 á Agrupación de Teatro Mariñán.

En Cultura o premio será para a agrupación teatral Mariñán que este ano cumpre o seu décimo ano de vida. O Concello quere destacar así o labor deste grupo de teatro afeccionado por achegar as artes escénicas a todos os betanceiros e betanceiras. Fai uns 25 anos, foi o profesor de literatura española, Daniel Martínez, quen levou o entusiasmo polo teatro a moitos betanceiros a través dun grupo escolar chamado “ Aveliña” e a creación do colectivo “ Rapsodas”. A partir de aí ideou xunto a outro destacado betanceiro, Xulio Cuns, a Agrupación de Teatro Mariñán como unha solución para que os estudantes que cursasen esta materia no instituto Francisco Aguiar seguisen ligados ao mundo do teatro. Desde entón ata hoxe continúan a súa viaxe polas artes escénicas, co encontro de teatro afeccionado cada mes de febreiro.

Neste momento forman parte desta agrupación os seguintes Ex Aguiar: Sara Zabalza, Inés Valiño e Juan Vázquez.

Parabéns a todos os que nalgún momento participaron nesta tarefa e, en particular, aos actuais membros da Agrupación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario