HORA DE LER
Atopar o noso verdadeiro rostro cando estamos a ler.
Por exemplo, un Jaume Cabré.
HORA DE LER
Atopar o noso verdadeiro rostro cando estamos a ler.
Por exemplo, un conto de Cid Cabido ou de Jaume Cabré.
Haberá algún día no que non sexa urxentemente imprescindible vestir de negro-loito para reinvindicar, con rabia, a igualdade entre persoas, para berrar, con ira, en contra da violencia machista.
Tamén pronto chegará o día no que as persoas poidan mirarse aos ollos sen medos, falar sen máscaras, tocarse as mans, prestarse un lapis ou unhas moedas para mercar na cafetería un bocata sen ter que respectar unha cola en ringleira: un mundo sen a distancia interposta dun metro e medio...
Mentras tanto que potente a icónica imaxe que tomou Chus Santamariña aos seus titorandos.
Oxalá axiña sexa historia.
O IES Francisco Aguiar mobilízase un ano máis no 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.
Como centro, queremos mostrar o noso profundo rexeitamento de todas as formas de violencia que sufren as mulleres e vestindo de negro chamamos a afrontar este gravísimo problema que temos como sociedade.
Así mesmo, queremos agradecer publicamente ao Concello de Betanzos o lote de libros con temática igualitaria adquirido para a nosa biblioteca.
TOMEK ŻARNECKI & GOSIA KULIK, Pandemias, Thule Ediciones, Barcelona, 96 páxinas.
***
Este é un libro ilustrado aproxima ao lector a historia das pandemias que asolaron á humanidade: un libro informativo moi necesario para comprender o noso pasado e, polo tanto, para poder albiscar o noso futuro.
HORA DE LER
6ª Semana [6ª sesión]
Paisaxe outonal. Unha folla de pradairo para lembrar onde temos que recomezar a lectura de obras como as de as obras de Paula Sánchez Regueiro, Violeta Silva Sánchez, Amaia Tomé Tomé, Raquel Vázquez ou Óscar García Ramos.
5ª Semana [5ª sesión]
Ler para escribir. Escribir para volver a ler.
Esta semana deixamos nas mans dos lectores os relatos de Irène Némirovsky e Mariña Garcia Iglesias, Hugo Vicente Cabanas e Paula Fernández Vidal, alumnos de 1º de Bacahrelato.
HORA DE LER
4ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Compartimos esta semana as seguintes suxestións de lectura: as historias da muller esquelete e a morte amante o Xinete Descabezado, unha selección de micros de terror.