mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Haberá algún día no que non sexa urxentemente imprescindible vestir de negro-loito para reinvindicar, con rabia, a igualdade entre persoas, para berrar, con ira, en contra da violencia machista.

Tamén pronto chegará o día no que as persoas poidan mirarse aos ollos sen medos, falar sen máscaras, tocarse as mans, prestarse un lapis ou unhas moedas para mercar na cafetería un bocata sen ter que respectar unha cola en ringleira: un mundo sen a distancia interposta dun metro e medio... 

Mentras tanto que potente a icónica imaxe que tomou Chus Santamariña aos seus titorandos. 

Oxalá axiña sexa historia.

 

 

O IES Francisco Aguiar mobilízase un ano máis no 25 de novembro, Día internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.

Como centro, queremos mostrar o noso profundo rexeitamento de todas as formas de violencia que sufren as mulleres e vestindo de negro chamamos a afrontar este gravísimo problema que temos como sociedade.

Así mesmo, queremos agradecer publicamente ao Concello de Betanzos o lote de libros con temática igualitaria adquirido para a nosa biblioteca. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario