O pintor hiperrealista Matthew Grabelsky leva anos pintando óleos nos que metamorfosea os corpos de mulleres e homes co implante da cabeza dun animal. Da serie de cadros inspirada nos lectores do metro de NYC, escollemos a que ilustra o cartel desta semana tan atípica de entroido. O tenro rapaz (ou rapaz-tenreiro?) non está a ler, como podemos facer nós, a Clarice Lispector, Xosé Miranda e Antonio Reigosa ou Carlos Casares.
***
Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen
mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña
Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas
como Don Carnal, un home
mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña
Cuaresma, muller recta e pura.
Queres saber de onde xorden estas personaxes?
Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o
Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico
grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas
bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao
desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a
Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica
de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa
Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de
penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o
periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja,
que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en
castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As
Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta
antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é
movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea
que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde
a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os
días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar
dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar
palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non,
para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario