MELLORES EXPEDIENTES USC 2021
Os alumnos de 2º BAC, Noa Codesido Centoria, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU.
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato (Noa estudou a ESO no IES de Viós de Abegondo e Manuel no CPI Cruz do Sar de Bergondo).
Noa estudiará Comunicación Audivisual; Lucía, doble grao de Filoloxía Hispánica e Galego; Nekane dubida entre Biomedicina e Farmacia; Manuel, Matemáticas; Andrea, Química; e José, Medicina.
Parabéns
para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos
seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario