luns, 6 de febreiro de 2023

HORA DE LER

O feitizo de Vermeer... 

Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta. 

Unha carta de amor? 

Podería ser... 

O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».

Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.


Ningún comentario:

Publicar un comentario