Comezamos a tarde falando de microrrelatos, porque aí é onde nace a traxectoria da actual “voz poderosa da novela negra” que é Arantza Portabales. A escritora estivo onte na libraría Biblos de Betanzos para presentar O home que matou a Antía Morgade, publicada na editorial Galaxia.
“A Arantza novelista ‒compartiu‒ débelle moito á Arantza microrrelatista, porque aprendeu que se pode contar a historia dunha vida en cen palabras”, para engadir que “o microrrelato cultivou a miña voz como narradora”.
Quen diso tamén sabe moito é o profesor Francisco Rodríguez Coloma, encargado de encamiñar a conversa coa escritora e partidario manifesto dos xéneros literarios en formas breves (coadministra a bitácora Documenta minima).
Ambos abordaron numerosos detalles de O home que matou a Antía Morgade, unha historia que prende, arredor do derrubamento dunhas vidas marcadas polo peso da culpa e o lastre do remordemento.
Grazas a Arantza soubemos que “as novelas negras non se constrúen, destrúense”, que este xénero veu para quedarse na súa traxectoria como escritora e está a darlle moitas satisfaccións.
Crónica e fotografías: Carmela González
Ningún comentario:
Publicar un comentario