Hai libros que atrapan pola súa trama, pola historia que contan, pola descrición dunha época...
Tatiana Țîbuleac elixe privilexiar a potentísima voz de Alesky: unha voz violentada (e moi violenta) que capta o interese do lector que, engaiolado pola escandalosa poesía regurxitada pola gorxa lastimada de Aleksy (La poesía es un vómito de piedras preciosas [Carlos Edmundo de Ory],) mesmo exime ao autor do cumprimento de certas verosimilitudes.
Ler El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes resulta ser unha experiencia catárquica. Unha novela de aprendizaxe que reitera motivos temáticos xa lidos en obras como O vixía no centeo: o dó, o reixetamento da figura materna, a desequilibrante ausencia da figura paterna, o desexo sexual na adolescencia, e, en resumo, a capital importancia que teñen os primeiros anos de vida na formación da personalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario