mércores, 11 de novembro de 2026

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

 


Ao carón de Arantza Portabales, existen moitas posibilidades de sorrir para o fotógrafo. 
Tamén son moitas as posibilidades de que o torrente verbal de Arantza ofreza unha sucesións de momentos cómicos que non eluden os motivos da conversa.
Asasinato no muíño do cura constitúe a segunda entrega dos Crímenes de Loeiro.  
A historia gravita sobre o involuntario proceso de recuperación da memoria dunha vítima que, ao esclarecer o seu pasado, atopa a súa verdadeira identidade.
Unha das virtudes deste relato que sucede en dous momentos históricos e en varios espazos, é presentar un caleidospio sobre a identidade: mulleres que ocultan un terrible segredo baixo o manto de beatería e homes que exhiben máis dunha cara coa que perpetrar o engano.
«Ti tes visto unha muller, eu vin unha pantasma», lemos case no arranque da trama desta novela de misterio na que o lector é interpelado, constantemente, sobre quen fixo tal e por que.
E, evidentemente, nunha novela titulada así, hai mortos.
Porque mesmo durante unha conversa con Arantza, calquera dos asistentes pode rematar morto.
Ficcionalmente... Non?
 
Francisco Rodríguez Coloma
&
MG, EC, EG 
 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario